Mércores, 19 de decembro de 2012
[19-12-2012] Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter información de interese sobre o programa de conciliación da vida laboral e familiar Nadal Lúdico. Este programa desenvolverase durante os días 24, 26, 27, 28 e 31 de decembro e o 2, 3, 4 e 7 de xaneiro. Nestas xornadas levaranse a cabo diferentes actividades lúdicas destinadas ao entretemento e á aprendizaxe dos máis pequenos. O horario deste programa será dende as 7.30 h ás 16.00 h. Estas actividades desenvolveranse tanto en Bertamiráns coma no Milladoiro.