Pestanas principais

Impresos de inscrición para o concurso de disfraces e o concurso-degustación de Entroido

Xoves, 31 de xaneiro de 2013

[31-01-2013] Estase aproximando o mes de febreiro e con el chega, como cada ano, a festa de Entroido. Trátase dunha das festas que ten máis tradición en Galicia. O Concello de Ames volve a organizar unha festa aberta a toda a veciñanza amiense e na que se convida a todos os amienses e persoas da comarca a participar no concurso de disfraces e no concurso-degustación de carnaval. Esta iniciativa desenvolverase o luns 11 de febreiro, a partir das 17:00 horas, no aparcadoiro que está situado ao carón da piscina municipal A Telleira. Repartíranse un total de 3.850 euros en premios (3.100 euros no concurso de disfraces e 750 euros no concurso-degustación de receitas de Entroido). Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter as bases dos concursos de Entroido, así como os impresos de inscrición e a autorización para o cobro no caso de recibir algún premio.