Pestanas principais

Impresos de inscrición e bases dos programas Xuño Lúdico e Escola de Verán

Luns, 06 de maio de 2013

[06-05-2013] Aproxímase o verán e o Concello de Ames, a través da concellaría de Educación e Servizos, pon en marcha un ano máis os programas do Xuño Lúdico e a Escola de Verán. Estes servizos permiten a conciliación da vida familiar e laboral e están destinados a nenos e nenas de segundo ciclo de infantil e educación primaria. O Xuño Lúdico desenvolverase durante os días 25, 26, 27 e 28 de xuño, dende as 07:30 h. ata as 16:00 horas. Por outra banda, a Escola de Verán desenvolverase durante os meses de xullo e agosto en Bertamiráns e no Milladoiro, de luns a venres, excepto festivos, no mesmo horario de 7:30 h. a 16:00 horas. O prazo para apuntarse nestes dous programas estará aberto dende o día 6 ata o 30 de maio. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter os impresos de inscrición e as bases dos programas Xuño Lúdico e da Escola de Verán.