Xoves, 07 de xuño de 2012
[07-06-2012] As concellarías de Asociacionismo, Igualdade, Muller e Xuventude e de Medioambiente, Sanidade e Cultura organizan os campamentos de verán para que os rapaces e rapazas, mozos e mozas que teñen de 3 a 18 anos gocen duns días de vacacións cheos de actividades lúdicas e instrutivas. Deste xeito, todos os cativos terán a posibilidade de pasar uns días divertidos ao tempo que fan novos amigos e coñecen o respecto polo medio ambiente. Premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de matrícula, as bases e as recomendacións para os campamentos de verán 2012.




