[23-04-2013] O Concello de Ames xa ten pechada a programación dos campamentos de verán para este 2013, unhas actividades pensadas para que os rapaces e rapazas, mozos e mozas que teñen de 3 a 16 anos gocen duns días de vacacións cheos de actividades lúdicas e instrutivas. Todos os rapaces que desexen asistir terán que preinscribirse nestas actividades. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás descargar o impreso de inscrición e as bases dos campamentos municipais de verán 2013.
A ficha de preinscrición tamén se poderá recoller no Milladoiro e en Bertamiráns. Na Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas, para todos os campamentos. No caso de Bertamiráns, a ficha de preinscrición para os campamentos de infantil e primaria pódense recoller na Concellaría de Medio Ambiente de luns a venres, mentres que os dos campamentos xuvenil recolleranse na concellería de Xuventude. En ambos os casos en horario de 09:00 a 14:00 horas. Os impresos entregaranse, no Rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro de 09:00 a 14:00 horas ou no Rexistro Xeral en Bertamiráns, tamén de 09:00 a 14:00 horas. No Rexistro Xeral do Concello tamén se poderá entregar o sábado pola mañá.




