[27-03-2011] O vindeiro 6 de abril comezan os cursos preparatorios para a obtención dos Celga que se imparten no Concello de Ames. Nesta ocasión teremos no concello cursos preparatorios para todos os niveis. O curso do Celga 1 impartirase en Bestamiráns e os outros tres niveis, Celga 2, 3 e 4, serán no Milladoiro. Para poder solicitar estes cursos abriuse un período de preinscrición durante os meses de xaneiro e febreiro no que se detectou unha ampla demanda de formación en lingua galega por parte da veciñanza amesá. Todas as persoas preisncritas nese período teñen a súa praza reservada, aínda así, quedan prazas libres en todos os niveis que se outorgarán por orde de inscrición a partir do vindeiro luns, 28 de marzo. As persoas interesadas en asistir a algún destes cursos que non realizasen a preinscrición poderán anotarse chamando por teléfono ao número 981 884 991 ou pasando polo Servizo de Normalización Lingüística de Ames, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Esta primavera impartiranse en Ames catro cursos de galego preparatorios para a obtención dos certificados de lingua galega, Celgas, nos niveis 1, 2, 3 e 4. Esta ampla oferta formativa responde alta demanda de formación en lingua galega por parte da veciñanza amesá, dado que no período de preinscrición para estes cursos, do 17 de xaneiro ao 24 febreiro de 2011, anotáronse case 100 persoas. Unha vez pechado ese período, o Servizo de Normalización Lingüística municipal non cesou de recibir chamadas de persoas interesadas en asistir a estes cursos.
Celga 1 en Bertamiráns e Celga 2, 3 e 4 no Milladoiro
Os cursos teñen unha duración de 75 horas lectivas. Todos eles comezarán o día 6 de abril e rematarán o 15 de xuño. As clases serán tres días á semana -luns, mércores e xoves- das 20.00 h ás 22.30 h. O curso preparatorio para o Celga 1 impartirase en Bertamiráns, no IES de Ames. Os outros tres cursos -Celga 1, Celga 2 e Celga 3- serán no Milladoiro, concretamente no Colexio de Ventín. Deste xeito, os cursos, tal como se anunciara, celébranse na localidade onde máis demanda se rexistrou.
As prazas libres outorgaranse por orde de inscrición a partir do luns 28 de marzo.
Todas as persoas anotadas no prazo de preinscrición teñen a súa praza reservada, aínda así, quedan prazas libres en todos os niveis. Estas prazas outorgaranse por orde de inscrición a partir do vindeiro luns 28 de marzo. As persoas interesadas en asistir a algún destes cursos que non realizasen a preinscrición poderán anotarse chamando por teléfono ao número 981 884 991 ou pasando polo Servizo de Normalización Lingüística de Ames, situado no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. Se houber máis demanda que parazas existentes, elaborarase unha lista de agarda para cubrir posibles baixas.
Estas accións formativas dependen da Secretaría Xeral de Política Lingüística e organízanse en colaboración co Concello de Ames a través do Servizo de Normalización.




