A Xunta de Empresarios de Ames (XEA) celebrou este luns, 5 de maio, no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a segunda edición dos Premios XEA, coincidindo coa presentación da súa nova páxina web e slogan “Eu son XEA”. O evento congregou a preto de cen persoas, a maioría deles socios e socias da asociación aos que tamén se uniron o alcalde de Ames, Blas García, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e outros membros do Goberno local, así como representantes dos grupos políticos da Corporación municipal, nun acto que puxo en valor o tecido empresarial do municipio.
O acto, arrancou coa presentación da nova imaxe corporativa de XEA, un corazón azul que recolle a idea do noso, do galego e do corazón que cada comerciante pon no seu negocio para sacalo adiante, mais tamén o corazón co que o cliente se achega ao seu veciños e veciña para comprar con confianza. Co lema “Eu son XEA” poténciase a individualidade do “Eu” máis a pertenza a unha asociación que ano tras ano vai sumando socios e campañas apostando polo comercio de proximidade e servindo de axuda no seu día a día aos locais e establecementos adheridos, que hoxe xa supera os 100 socios.
Ademais, tamén se presentou a nova web da asociación que busca ser escaparate e dar visibilidade aos socios e socias: https://www.xuntanzadeempresariosdeames.gal/
Durante a gala, entregáronse os Premios Xea, un recoñecemento que suma así a segunda edición e que é froito da votación entre socios e socias. Unha votación na que se valora a innovación, a traxectoria, a súa dedicación na localidade (facer cidade), a creatividade e a implicación cos veciños, veciñas e demais socios.
● Premio Comercio: Librería Bandini (Bertamiráns).
● Premio Servizos: Bj Trainers (Bertamiráns).
● Premio Hostalería: O Transistor (Bertamiráns).
● Premio Beleza e Benestar: Fátima Prego Estilistas (Milladoiro).
● Premio Especial (Outorgado por XEA, non é resultado de votación): Don Budi Bar,
que celebra o seu 25 aniversario neste 2025.
Ademais dos premios, creados por Pousada Láser, o acto estivo marcado pola convivencia, a música en directo do grupo Minguante, e a degustación de petiscos, a cargo da cafetería da Casa da Cultura do Milladoiro, que acompañaron unha noite de orgullo empresarial e compromiso comunitario.
Novas relacionadas:
La Voz de Galicia: "Xea, el colectivo de empresarios de Ames, refuerza actividades y estrena imagen"
Diario de Santiago: "A II edición dos Premios XEA reúne preto de 100 persoas nun acto de celebración empresarial en Ames"
El Correo Gallego: "Os empresarios de Ames celebran a segunda edición dos seus premios e presentan unha nova imaxe corporativa"




















