Pestanas principais

A Igrexa do Milladoiro acollerá un concerto solidario a favor das persoas afectadas polo lume en Carballeda de Avia

Mércores, 13 de decembro de 2017

[13-12-2017] O vindeiro 17 de decembro, a Igrexa de San Xosé do Milladoiro acollerá un concerto solidario a favor das persoas afectadas polo lume en Carballeda de Avia. Nel participarán as alumnas do curso de lingua de signos, o coro parroquial de Ames, o de Oca, o de Once, o de Portor, o Coro Son Elas, a coral de amigos de Javier Otero de Ameixenda, o grupo de pandereteiras do programa Amessan, As Maianas, as pandereteiras da Baña, a banda de gaitas Os Castros e Héctor e Sofía Rial. A asistencia ao concerto incluirá un donativo de cinco euros por persoa. O diñeiro recollido será doado integramente ao Concello de Carballeda de Avia.

A parroquia de San Tomé de Ames, a parroquia de San Xoán de Ortoño, a unidade pastoral do Milladoiro, Teo e contorna, a asociación cultural San Xoanciño, a asociación de veciños Pedra do Fuso e a asociación cultural mulleres de San Xoán de Ortoño son as encargadas da organización deste concerto solidario, que se celebrará o vindeiro 17 de decembro, na Igrexa de San Xosé do Milladoiro, ás 18:00 horas. O concerto conta coa colaboración do Concello de Ames e da imprenta Arigraf.

Nel participarán diferentes corais e grupos: as alumnas do curso de lingua de signos, o coro parroquial de Ames, o de Oca, o de Once, o coro de Portor, o coro Son Elas, a coral de amigos de Javier Otero de Ameixenda, o grupo de pandereteiras do programa Amessan, As Maianas, as pandereteiras da Baña, a banda de gaitas Os Castros e Héctor e Sofía Rial. A asistencia ao concerto incluirá un donativo de cinco euros por persoa. O diñeiro recollido será doado integramente ao Concello de Carballeda de Avia.

A iniciativa é unha idea da presidenta da asociación San Xoanciño de Pousada, María Xosé Bello e do seu fillo Alex. Os dous xunto co presidente da asociación de veciños Pedra do Fuso, Manolo Seijas, levaron un cargamento de víveres, roupa e elementos de aseo persoal ás veciñas e veciños de Carballeda de Avia, afectados polos lumes após a vaga de incendios de mediados de outubro. Estes obxectos foran doados, previamente, por amigas e amigos, moitas e moitos deles veciños de Ames, así como de Santiago, Os Ánxeles, Teo, Madrid e Zamora. Do mesmo xeito, tamén foron os responsables dun envío de auga potable ao concello afectado. Ao concerto solidario do día 17 acudirá o actual alcalde de Carballeda de Avia, Luis Milia Méndez. O párroco de Ames, Manuel Blanco, tamén colaborou na organización deste concerto solidario.