[03-07-2014] Durante os meses de verán (xullo e agosto) o servizo de aula aberta ofrécese en horario de 10:00 h a 13:00 horas, agás a semana do 7 ao 11 de xullo, que se imparte un curso de mecanografía, que será de 10:00 h a 11:00 horas e de 12:00 a 13:00 horas. Para poder empregar o servizo de Aula Aberta só hai que cubrir unha ficha cos datos persoais e entregar unha fotografía coa que facer o seu carné de usuario/a. A persoa encargada da aula dálles un número de usuario/a e explícalles as normas.
Deste xeito, os usuarios/as poden empregar os ordenadores da aula para o que precisen, como consultar o correo electrónico, ler o xornal, xogar ou buscar información. Ante calquera dúbida poden preguntar o que desexen á persoa responsable. Tamén poden acudir usuarios/as cos seus ordenadores portátiles persoais a resolver as dúbidas que teñan no manexo da informática.