Pestanas principais

Homenaxeados sete traballadores municipais: catro que se xubilaron e tres por 25 anos de servizo municipal

Martes, 23 de decembro de 2025

O Concello de Ames realizou este martes, 23 de decembro, un acto de homenaxe a catro traballadoras e tres traballadores municipais. José Vicente Fernández Balebona, María Teresa Otero Noya, María Carmen Alonso Chenlo e Jesús Vieito Martís, que se xubilaron ao longo deste ano, recibiron unha peza de Sargadelos. Ademais, homenaxeouse a Jesús Tato Rial, María Alicia Calvo Fernández e Javier Arufe Vidal, que cumpriron 25 anos de servizo no Concello de Ames. Como agradecemento pola súa labor, recibiron os tradicionais píns do Concello de Ames.

​A homenaxe realizouse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, coincidindo co tradicional acto de brinde de Nadal, que se realiza todos os anos e ao que asiste todo o persoal municipal. Participaron o alcalde, Blas García, e mailo resto de concelleiros e concelleiras do goberno municipal e dos grupos político municipais da Corporación municipal. Tamén asistiron os/as delegados sindicais do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal.

​Durante o evento, homenaxeouse a catro traballadores/as que se xubilaron ao longo de 2025. José Vicente Fernández Balebona, foi conserxe do CEIP da Maía e xubilouse no pasado mes de novembro; María Teresa Otero Noya foi Persoal de Servizos Xerais (PSX) da escola infantil municipal da Madalena e xubilouse en outubro deste ano; María Carmen Alonso Chenlo traballou no departamento municipal de Intervención e xubilouse no pasado  mes de febreiro; e Jesús Vieito Martís foi persoal da empresa municipal Augas de Ames e xubilouse en agosto deste ano. Todos eles/as recibiron unha peza de Sargadelos como mostra de gratitude.

​Ademais, homenaxeouse a Jesús Tato Rial (traballador social), María Alicia Calvo Fernández (auxiliar administrativa) e Javier Arufe Vidal (peón da brigada municipal de obras), que cumpriron 25 anos de servizo no Concello de Ames. Como agradecemento pola súa labor, recibiron os tradicionais píns do Concello de Ames.

​O alcalde de Ames, Blas García, agradeceu a labor do persoal municipal do Concello de Ames, así como a súa entrega durante diferentes mandatos e cores políticas. “O verdadeiro motor do concello son elas e eles, xa que nós estamos de paso, pero os e as traballadoras seguirán estando. Hai que poñer en valor a súa dedicación e traballo a prol do Concello de Ames”.

Novas relacionadas:

La Voz de Galicia: "Brindis navideño, premios y merecidas jubilaciones en Ames"

El Correo Gallego: "Ames homenajea a siete funcionarios: «Eles son o motor do Concello»"

Diario de Santiago: "Homenaxeados sete traballadores municipais de Ames: catro que se xubilaron e tres por 25 anos de servizo municipal"

Homenaxeados sete traballadores municipais: catro que se xubilaron e tres por 25 anos de servizo municipal

Multimedia

  • Homenaxeados sete traballadores municipais: catro que se xubilaron e tres por 25 anos de servizo municipal