Pestanas principais

Homenaxe municipal ás patinadoras Nadia Iglesias, Martiña Bretaña e Aldara Couce e ao boxeador Moncho Mirás

Sábado, 12 de novembro de 2016

[12-11-2016] Esta semana o Concello de Ames quixo homenaxear a varios deportistas do municipio polos seus logros. O alcalde do consistorio, membros da corporación e representantes dos grupos municipais recibiron no Salón de Plenos da Casa do Concello ás patinadoras Nadia Iglesias, Martina Bretaña e Aldara Couce e ao boxeador Nacho Mirás.

“É un orgullo ter esta representación, que levedes o nome de Ames polo mundo”, así se dirixiu o alcalde de Ames, José Miñones, ás patinadoras Nadia Iglesias, Martina Bretaña e Aldara Couce este xoves na Casa do Concello de Ames. Nadia acadou en setembro a medalla de prata da categoría xuvenil o Campionato Europeo de Patinaxe Artística, celebrado na cidade alemá de Friburgo. Meses antes proclamarase campioa, na mesma categoría, co Campionato de España. Martiña Bretaña acadou, con tan só nove anos, o primeiro posto da categoría benxamín feminina no Campionato Galego de Patinaxe Libre. Aldara Couce clasificouse sexta na categoría alevín feminina no mesmo campionato. A primeira adestra no Club de Patinaxe Omega e a segunda no Club de Patinaxe Sarela.

Ademais o Salón de Plenos recibiu ao campión de España de boxeo na categoría de peso Galo, Moncho Mirás. Mirás é o primeiro boxeador amesán, e da súa área de influencia, que logra un cinto a nivel estatal. O galego arrebatoulle no mes de outubro o título ao que até entón era campión, o leonés Saúl Tejada.