[19-04-2016] Caramuxo Teatro quere rescatar ao Pavillón Lino da memoria nun novo espectáculo para toda a familia. O venres 22 de abril ás 18:30 horas chega á Casa da Cultura de Bertamiráns e as estradas xa están á venda na Billeteira Electrónica Municipal.
O pavillón Lino, creado por Lino Pérez, foi todo un símbolo da cidade da Coruña. No interior deste edificio de arquitectura modernista ofrecéronse espectáculos teatrais, concertos, proxeccións de películas, mologuistas e moito máis. Antes de que un incendio o destruíse no ano 1919 o Pavillón Lino foi testemuña da primeira representación do Conservatorio Nacional de Arte Galega, institución creada polas Irmandades da Fala na cidade coruñesa.
A actriz e os actores Laura Sarasola, Juán Rodríguez e Xosé Vilarelle póñense na pel dalgúns das persoas que actuaron neste edificio senlleiro, ligando os seus nomes para sempre á súa historia. Os auténticos autómatas, os monicreques de Cachiporra, Monquina a gorila bailarina ou Charito de Mera e a súa pulga son algunhas das actuacións que suben de novo aos tablóns dun teatro grazas ao traballo de Caramuxo.
O prezo das entradas é de 4 euros ou de 2 euros para persoas maiores de 65 anos, menores de 12 anos ou estudantes con carné. Os billetes estarán á venda na Billeteira electrónica até dúas horas antes do comezo do espectáculo. A partir das 17:30 horas tamén se poderán adquirir na propia Casa da Cultura de Bertamiráns.




