Pestanas principais

Guadi Galego actuará este venres no Pazo da Peregrina de Bertamiráns

Mércores, 12 de xullo de 2017

[12-07-2017] O próximo venres, 14 de xullo, Guadi Galego presentará o seu novo traballo no Pazo da Peregrina de Bertarmiráns, ás 22:00 horas. Baixo o nome, O mundo está parado, o seu novo disco conta coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro, Anxo Pintos ou Karlos Abal. A actuación é de balde.

Guadi Galego é unha das voz máis fermosas da música galega contemporánea. Foi gaiteira, pianista e vocalista no grupo Berrogüeto ata o 2008, momento no que comezou a formar parte do dúo Espido e do trío Nordestin@s. En solitario leva xa publicados tres ámbuns: Benzón, Luas de outubro e agosto e O mundo está parado.

Este último traballo de Guadi Galego caracterízase pola sensibilidade, intensidade e calidade que a artista sempre persigue nos seus traballos. Nel conta coa colaboración de músicos como Abe Rábade, Santi Cribeiro, Anxo Pintos ou Karlos Abal.

Cultura no Camiño
Tanto este concerto de Guadi Galego, como o de Treixadura da semana pasada, encádranse dentro do programa “Cultura no Camiño” da Xunta de Galicia. Unha iniciativa que busca espallar e descentralizar a programación cultural estival, á vez que dinamiza culturalmente os concellos polos que discorre algunha das rutas xacobeas.