Pestanas principais

Gran participación da veciñanza nas actividades a prol da mobilidade sostible da VII Semana Europea da Mobilidade

Martes, 23 de setembro de 2025

Un ano máis, o Concello de Ames celebrou a Semana Europea da Mobilidade, que nesta ocasión se desenvolveu na fin de semana do 19 ao 21 de setembro cunha serie de actividades para fomentar a mobilidade activa, o uso do transporte público e outros medios sostibles. Na xornada do venres, tivo lugar a marcha ciclista nocturna, unha actividade que reuniu a máis de 400 persoas na localidade de Bertamiráns. O sábado desenvolveuse un circuíto de educación viaria e xogos en bicicleta para os máis pequenos, que viu condicionada a súa participación pola situación meteorolóxica da xornada. Xa no derradeiro día da programación, o domingo día 21, celebrouse a primeira edición da Ames Gravel Social Ride, organizada polo Club ciclista Ames e que contou cunha participación de 49 ciclistas. 

Esta pasada fin de semana celebrouse a sétima edición da Semana Europea da Mobilidade, unha programación de actividades a prol dos medios de transporte sostibles, unha mobilidade activa e accesible para toda a poboación. Así, desde o venres día 19 ata o domingo día 21, Ames acolleu unha serie de iniciativas nas que a veciñanza de tódalas franxas de idade puido participar e coñecer os beneficios doutros modos de desprazamento coma o transporte público, a bicicleta e a pé.  

Marcha ciclista nocturna
A marcha ciclista nocturna volveu ser, unha edición máis, a actividade estrela desta “Semana Europea da Mobilidade”, batendo o récord de inscricións de edicións anteriores. No 2024, participaron arredor de 230 persoas, mentres que este ano a participación superou ás 400 persoas. Así mesmo, participaron na marcha varios integrantes do Club Ciclista Ames como mostra de apoio a esta iniciativa.  

O percorrido de oito quilómetros desta edición realizouse sen ningunha incidencia e garantindo en todo momento as medidas de seguridade. Deste xeito, o grupo de participantes foi escoltado en todo momento, ademais de levar cadanseu os seus pertinentes chalecos, cascos e luces, tal e como recomendou a Policía Local cando se presentou a actividade. Saíron dende a praza do Concello e percorreron varias rúas da localidade de Bertamiráns e tamén se achegaron ata o lugar de Sisalde. 

Circuíto de educación viaria e xogos populares en bicicleta
Na mañá do sábado día 20, o aparcadoiro de Agriños, no Milladoiro, acolleu as actividades e xogos orientados á rapazada. Deste xeito, realizouse un circuíto de educación viaria e un amplo abano de xogos populares en bicicleta. 

A rapazada puido gozar dos circuítos en bicicleta coa súa práctica deportiva ao tempo que recibiron recomendacións con respecto ao uso correcto deste medio de transporte. O obxectivo foi introducir aos máis pequenos en diferentes escenarios cos que poden atoparse no seu día a día, desde o uso de semáforos, cruces ou pasos de peóns, para saber actuar ante todo tipo de situacións na vía pública. Para estas actividades contouse coa colaboración do persoal da área de Educación viaria da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña.

A participación nesta xornada viuse condicionada debido á situación meteorolóxica de choiva na mañá do sábado, polo que a afluencia de público foi máis baixa da esperada. 

Ames Gravel Social Ride
A programación da sétima edición da Semana Europea da Mobilidade pechouse o pasado domingo, 21 de setembro, coa primeira edición da Ames Gravel Social Ride, organizada polo Club Ciclista Ames coa colaboración da Concellaría de Deportes. A proba, cun percorrido aproximado duns 43 quilómetros e un desnivel de 700 metros, contou cun total de 49 participantes. 

Dende o club organizador, apuntan a que as inscricións cubríronse 10 días antes da realización da proba, o que indica a gran demanda e interese que houbo por esta iniciativa. Así mesmo, destacan que as solicitudes foron moi superiores ás prazas dispoñibles mais, para evitar ter que realizar cortes de tráfico nas estradas nas que se desenvolveu a proba, a participación non podía ser superior ás 50 persoas. 

Deste modo, a Ames Gravel Social Ride, estivo divida en dous tramos, unha primeira parte duns 22 quilómetros que percorreu o norte do concello, correspondendo á zona máis elevada de Ames. Tras o primeiro tramo, houbo unha zona de avituallamento no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, que deu paso á segunda metade da marcha, na que o percorrido foi por unha zona máis chá. 

Con estas dúas partes ben diferenciadas, buscouse incluír a todo perfil de ciclistas, desde os máis principiantes ata os máis avanzados pois cada quen puido decidir se o seu obxectivo era realizar a carreira completa ou ben levar a cabo só un dos dous tramos. 

Novas relacionadas: 

El Correo Gallego: "Ames bate o récord de inscricións da súa marcha ciclista nocturna con 400 membros"

Gran participación da veciñanza nas actividades a prol da mobilidade sostible da VII Semana Europea da Mobilidade

Multimedia

  • Gran participación da veciñanza nas actividades a prol da mobilidade sostible da VII Semana Europea da Mobilidade