Pestanas principais

Gárdase un minuto de silencio polo tráxico accidente na AC-543 no que faleceron dúas persoas que residían en Laraño

Martes, 05 de marzo de 2024

Con motivo do tráxico accidente de tráfico acontecido este pasado domingo, 3 de marzo, na estrada AC-543, á altura do acceso á urbanización de Aldea Nova, no que faleceron dúas persoas que residían en Laraño, o Concello de Ames convocou para hoxe martes, 5 de marzo, ás 12.00 horas, un minuto de silencio diante da Casa do Concello. O minuto de silencio pechouse cun aplauso e realizouse en lembranza das dúas persoas falecidas e como mostra de solidariedade coa súa familia e amizades.

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado por outros/as concelleiros/as da Corporación municipal e persoal municipal gardaron un minuto de silencio diante da Casa do Concello, en Bertamiráns, como mostra de lembranza das dúas persoas que faleceron ese pasado domingo, 3 de marzo, nun accidente de tráfico que se produciu na estrada AC-543, á altura do acceso á urbanización de Aldea Nova.

Dende o Concello de Ames mostran o seu pesar polo falecemento destas dúas persoas e mostran a súa solidariedade coa súa familia e amizades. Tamén desexan unha pronta recuperación da persoa que permanece ingresada no Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, tras verse implicada en dito accidente de tráfico.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Santiago y comarca se vuelcan para despedir al padre e hija que fallecieron a pie de Aldea Nova"

Ames Go: "Minuto de silencio polas vítimas do accidente na estrada AC-543, pai e filla que residían en Laraño"

O alcalde de Ames, Blas García, acompañado por outros/as concelleiros/as da Corporación municipal e persoal municipal gardaron un minuto de silencio diante da Casa do Concello