[18-06-2012] O Concello de Ames, a través da concellaría de Sanidade, fai pública a resolución do xurado que elixiu os premiados na primeira edición do Certame de Carteis-Día Internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas, que organiza o Servizo de Prevención das drogodependencias dos concellos de Ames, Brión e Negreira. Tal e como se indica nas bases, o xurado estivo formado por tres membros destes concellos e por un secretario/a, con voz e sen voto, en representación do Concello de Ames como entidade xestora do programa. Os membros do xurado foron María José Vázquez Bermúdez, do concello de Ames, Armando Patiño Nimo, do Concello de Brión, María Azucena Antelo García, do Concello de Negreira. Mentres que a secretaria do xurado foi a psicóloga técnica do Servizo de Prevención de Drogodependencias, Sagrario Ferreira Pernas. O xurado reuniuse o día 5 de xuño para ditaminar os ganadores/as deste concurso. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás coñecer os gañadores/as deste concurso.




