- Tematica
O pasado 14 de decembro celebrouse o Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción, no circuíto urbano do Barco de Valdeorras, onde participaron tres atletas do grupo de marcha do Ames Atletismo Savante dirixido por Mayka Xoguen. Na categoría sub 18 feminina, Icía Ares, representando ao Ourense Atletismo, proclamouse campioa de España de 5.000 marcha en ruta; e na categoría sub 20 masculina, Nicolás Collazo, logrou o subcampionato de España da 5.000 marcha en ruta. Ademais, na categoría sub 18 masculina debutou nun Campionato de España individual, Nadir Moreira, conseguindo a súa mellor marca persoal en 5.000 marcha en ruta.
O Barco de Valdeorras acolleu o pasado domingo, 14 de decembro, a celebración do Campionato de España de Marcha de Inverno de Promoción e 10 km Máster, unha cita que reuniu a preto de 180 atletas de toda España. Por parte do club Ames Atletismo Savante participaron tres atletas do grupo de marcha do Ames Atletismo Savante dirixido por Mayka Xoguen.
Na categoría sub 18 feminina, Icía Ares, representando ao Ourense Atletismo, proclamouse campioa de España de 5.000 marcha en ruta coa súa mellor marca persoal, confirmando as súas boas actuacións en pista no verán, onde xa se proclamou campioa de España e campioa Iberoamericana.
Na categoría sub 20 masculina, Nicolás Collazo, logrou o subcampionato de España de 5.000 marcha en ruta, nunha fantástica carreira onde superaba a súa mellor marca, logrando a segunda mellor marca española sub 20 de todos os tempos e o récord galego sub 20, sub 23 e absoluto da disciplina.
Por último, na categoría sub 18 masculina debutou nun Campionato de España individual, Nadir Moreira, conseguindo a súa marca persoal en 5.000 marcha en ruta.












