Pestanas principais

A Gala do Circuíto Trail Galaica 2017 celébrase hoxe no Pazo da Peregrina

Venres, 15 de decembro de 2017

[15-12-2017] O Concello de Ames acolleu a primeira cita do calendario do Circuíto Trail Galaica 2017. A proba, que tivo lugar no mes de febreiro, foi a máis numerosa en termos de participación. Este venres, 15 de decembro, Ames volve centrar os eventos relativos ao trail galego, coa celebración da Gala do Circuíto 2017 no Pazo de Peregrina de Bertamiráns, ás 20:30 horas. Na gala, ademais das persoas e dos equipos gañadores, tamén participarán aquelas e aqueles participantes que completaron, polo menos, cinco das seis probas que conformaron o circuíto. Do mesmo xeito, tamén asistirán á gala o alcalde de Ames, José Miñones, o alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, o concelleiro de deportes do Concello da Baña, Manuel Tourís, e o representante da Agrupación de Atletismo de Deportes do Barbanza, Pepe Moure.

Este venres, 15 de decembro, a partir das 20:30 horas, o Concello de Ames acollerá, no Pazo da Peregrina de Bertamiráns, a Gala do Circuíto Trail Galaica 2017, na que se galardoarán ás persoas e equipos gañadores nas diferentes categorías. Á gala asistirán o alcalde de Ames, José Miñones, o alcalde do Concello da Pobra do Caramiñal, Xosé Lois Piñeiro, o concelleiro de deportes do Concello da Baña, Manuel Tourís, e o representante da Agrupación de Atletismo de Deportes do Barbanza, Pepe Moure.

No tocante á premiación final, o Club Deportivo Vagalume Energia acadou o primeiro posto na categoría por equipos, La Gramola Galaico Trail Run o segundo e o Dubra Team o terceiro. Na categoría Absoluta Feminina, o primeiro posto foi acadado por Eva de la Fuente Iglesias, veterana 1 pertencente ao Club Deportivo Vagalume Energia, mentres que o segundo lugar foi alcanzado por Verónica Martínez Parcero, veterana 1 do equipo Dubra Team. Nesta categoría, o terceiro posto foi alcanzado por María Montoiro Salvador, senior pertencente ao equipo Arca de Noe. Na categoría Absoluta Masculina, Juan Jesús Barral Varela, veterano 2 de La Gramola Galaico Trail Run acadou o primeiro posto; Salvador Guerrero Galván, senior da Tribu Trail, o segundo; e Daniel Paz Pardo, veterano 1 do O4s Rutas Bike, o terceiro.

Na categoría Sénior Feminina, Bárbara Sanz Mendiguchía, da Arca de Noe, foi a participante que alcanzou o primeiro lugar. Na Sénior Masculina, Marcos Antonio Pascual Fidalgo, do equipo C.D. Ría de Arousa, foi o corredor que logrou o primeiro posto, mentres que Nicolás Fernando Bas Roth do Aguada Atletismo de Uruguay, obtivo o segundo lugar e David Pérez Castro, do equipo 3&Run Bike Team, alcanzou o terceiro.

Marga Moreno Fernández do CDM Vértice acadou o primeiro posto na categoría Veteranas 1. Nesta categoría, a segunda clasificación foi obtida por Chus Alejandre Ojea de Atletas Veteranos Ourense. Na categoría Veteranos 1, Pablo Conde Estévez do Clube de Montaña Xistra alcanzou o primeiro posto, Víctor Maneiro Freire de La Gramola Galaico Trail Run o segundo, e Pablo Franco Freijanes do Atenea Street acadou o terceiro. 

José Eusebio Otero López, independente, obtivo o primeiro posto na categoría Veteranos 2. Nesta categoría, o segundo lugar foi alcanzado por Xosé María Rodríguez Fernández da Tribu Trail. Por último, a terceira clasificación foi obtida por Vidal Díaz Cotón do equipo CDM Vértice. Na categoría Veteranos 3, foi José Manuel González Santamaría da Sociedade Barbantia Roda quen acadou o primeiro lugar. O segundo posto foi acadado, pola súa banda, por Jesús Uzal Miramontes do Club Deportivo Vagalume Energia, mentres que o terceiro foi alcanzado por José Manuel Romero Olveira do equipo Veteranos de Samil. O recoñecemento especial foi parar a Alberto Carou Carril, veterano 1 do Clube Deportivo Vagalume Energía.

A primeira proba do circuíto trail galaica celebrouse en Ames no mes de febreiro
O percorrido desta primeira proba comezou na Ponte Maceira e rematou nas instalacións do Real Aero Club, na Ameixenda. No total, 270 persoas participaron nesta carreira de montaña, que foi organizada polo Concello de Ames, a Federación Galega de Atletismo e Dimenzone. Após a competición de Ames, organizáronse cinco probas máis en Muros, A Pobra do Caramiñal, A Baña, Boborás e na Ribeira Sacra. A últimas destas probas realizouse o padado 24 de setembro.