O Concello de Ames, a través da Concellaría de Servizos Sociais, colabora un ano máis coa Fundación Meniños na difusión do seu programa de adopcións especiais. Baixo o lema “Construamos unha familia xuntos. Adopta!” búscase informar e animar ás familias interesadas sobre a adopción de nenos, nenas e adolescentes tutelados pola Xunta de Galicia que, por presentar necesidades especiais, teñen unha maior dificultade para atopar unha familia. A este grupo pertencen adolescentes, grupos de tres ou máis irmáns e/ou irmás, nenos/as con discapacidade ou enfermidade. As persoas interesadas poden enviar un correo electrónico ao enderezo adopcion.especial.t1@meninos.org ou mediante os teléfonos 981 26 99 55 ou 678 75 23 93.Tamén se pode entrar na páxina web www.meninos.org.
A Fundación Meniños é unha entidade de acción social sen animo de lucro adicada a promover e protexer os dereitos da infancia e adolescencia en dificultade social, propiciando cambios que lles aseguren un ambiente familiar de seguridade e afecto. En activo dende 1996, desenvolven programas especializados en intervención familiar, así como de prevención e sensibilización orientados ao ámbito da infancia e familia. O seu radio de acción estendese por Galicia e Asturias.
O programa de adopcións especiais é un servizo concertado coa consellería de Política Social da Xunta de Galicia, cuxo obxectivo é dar resposta á necesidade de garantir aos nenos e nenas con necesidades especiais o seu dereito a medrar nunha familia, promover a adopción de nenas, nenos e adolescentes tutelados pola Xunta de Galicia que, polas súas características, teñen máis dificultade para poder exercer o seu dereito a vivir en familia. A este grupo pertencen grupos de irmáns, nenas ou nenos con algún tipo de discapacidade ou enfermidade crónica, e adolescentes; o que os converte en persoas con unha maior dificultade para atopar unha familia.
Dende a Fundación Meniños, búscanse familias dispostas a ofrecerlle a un neno, nena ou adolescentes un ambiente familiar estable e seguro. Para elo, realízanse charlas e actividades co obxectivo de sensibilizar á sociedade acerca de los niños, niñas y adolescentes que necesitan una familia adoptiva e dar a coñecer o programa, e así chegar a persoas que poidan estar interesadas en acercarse ao mesmo. Asemade, ofrecen ás familias información, formación orientación acompañamento e apoio técnico durante todo o proceso.
Para obter máis información ou inscribirse neste programa de adopcións pódese chamar aos números de teléfono 981 26 99 55 ou 678 75 23 93, ou enviar un correo electrónico ao enderezo adopcion.especial.t1@meninos.org. Para coñecer a fundación e a súa labor pode visitarse a páxina web www.meninos.org.






