Pestanas principais

A Fundación Celta de Vigo organiza un campus de verán en Ames do 28 de xullo ata o 1 de agosto

Xoves, 03 de xullo de 2014

[03-07-2014] O concello de Ames acollerá por primeira vez un campus de verán organizado pola Fundación Celta de Vigo. O campus, que está dirixido a nenos e nenas de 4 a 16 anos, xurde con motivo do 10 aniversario da Peña Celtista do Milladoiro. O campus de verán da Fundación Celta de Vigo desenvolverase entre o 28 de xullo e o 1 de agosto no campo municipal do Milladoiro. Este evento deportivo realizarase de luns a xoves, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e o venres 1 de agosto de 10:00 a 18:00 horas, debido a que durante a última xornada do campus haberá una festa con comida incluída, entrega de diplomas e adestramento compartido cos pais/nais dos participantes. A cada neno/as que participe neste actividade entregáraselle un equipamento oficial de marca ADIDAS, que estará composto por uns calcetíns, unha camiseta e un pantalón. As clases serán impartidas por adestradores titulados e licenciados na disciplina do Club Celta de Vigo. Premendo no enlace que está a túa dereita, baixo o apartado de descargas, poderás obter o impreso de inscrición para participar neste campus de verán.

O prezo deste campus é de 130 euros. Os rapaces e rapazas empadroados no Concello de Ames e os que xoguen no Milladoiro SD disporán dun prezo especial de 115 euros. Para inscribirse haberá que cubrir a ficha de inscrición que se pode obter na páxina web do Concello de Ames (www.concellodeamers.org) ou na web da Fundación Celta de Vigo (www.fundacioncelta.com). Unha vez cuberto o impreso de inscrición haberá que envialo por correo electrónico ao enderezo info@fundacioncelta.com. No caso de que o pagamento se realice mediante transferencia bancaria haberá que enviar o xustificante de ingreso a este mesmo enderezo de correo electrónico.