Pestanas principais

Finalmente non se puido realizar o traspaso de poderes

Sábado, 11 de xuño de 2011

[11-06-2011] Estaba previsto que este venres se realizase o traspaso de poderes entre o goberno en funcións e o alcalde in péctore, Santiago Amor. Finalmente o devandito traspaso non puido efectuarse porque Santiago Amor non compareceu no salón de plenos da Casa do Concello. Dende o Partido Popular de Ames manifestan que se agardou ata o último momento para efectuar este traspaso. Mentres o alcalde de Ames en funcións, Carlos Fernández, di que non se puido facer antes porque necesitaron tempo para que os concelleiros/as recompilasen toda a documentación dos proxectos realizados durante os últimos catro anos e os que quedan pendentes de executar.

Tendo en conta que o día 11 de xuño producirase a toma de posesión do novo goberno municipal, o alcalde de Ames en funcións, Carlos Fernández, convocou un acto para este venres co fin de realizar o traspaso de poderes. Finalmente este acto non se puido realizar porque o alcalde in péctore, Santiago Amor, non compareceu no salón de plenos da Casa do Concello. Dende o Partido Popular de Ames explican que se agardou ata o ultimo momento e que o traspaso de poderes habería que facelo antes.

Mentres o alcalde de Ames en funcións, Carlos Fernández, explicou que non se puido facer antes porque necesitaron tempo para que os concelleiros/as recompilasen toda a documentación dos proxectos realizados durante os últimos catro anos e os que quedan pendentes de executar. Fernández agradeceu o traballo dos concelleiros/as por xuntar toda a documentación dos proxectos realizados nesta lexislatura e dos que están encamiñados pero que aínda non se executaron.

Fernández explicou que agora lle entregará toda a documentación recompilada polos concelleiros/as á secretaria municipal para que sexa ela a que lle faga entrega desta documentación ao novo goberno municipal. Por último, Carlos Fernández, destacou que "a pesar de non poder facer o traspaso de poderes estaremos á súa disposición para que nos vindeiros días, semanas e meses poidan darnos unha chamada e preguntarnos por calquera dúbida que teñan".

Contido relacionado


La Voz de Galicia: "PP y PSOE de Ames despiden el mandato sin traspaso de poderes"
El Correo Gallego: "Chafan el traspaso en Ames... 22 horas antes de la posesión"