Pestanas principais

A fin de semana sáldase con 7 denuncias por festas en pisos en Ames

Luns, 29 de marzo de 2021

A Policía Local formulou un total de 59 sancións esta pasada fin de semana por incumprimento das medidas establecidas para facer fronte ao Covid-19. En total foron 16 denuncias por incumprimento do toque de queda, 14 denuncias por non facer uso da máscara e 29 denuncias por reunións de persoas non convivintes.

A policía local de Ames viviu unha fin de semana intensa e con diferentes actuacións que se saldaron coa imposición de 59 denuncias por incumprimento das medidas establecidas para facer fronte ao Covid-19, sendo as máis numerosas as correspondentes a reunións de persoas non conviventes en vivendas particulares. Neste sentido, a policía local ha procedido a desaloxar 7vivendas onde se estaban celebrando festas ilegais. Dáse a circunstancia que a unha desas vivendas tiveron que acudir ata en cinco ocasiones na mesma noite por avisos dos veciños por ruídos e música no interior do domicilio . A policía iniciará dilixencias xudiciais contra o titular da devandita vivenda por ser multireincidente no incumprimento da medidas fronte ao Covid-19.

Ao mesmo tempo, a noite do pasado venres un axente sufriu a rotura do uniforme ao tentar identificar a un grupo de doce mozos, que estaban incumprindo o toque nunha Praza de Milladoiro,sendo as 22:35 h, motivo polo que foron denunciados.

O Concello de Ames, a través da Policía Local, activará durante un dispositivo especial de seguridade e vixilancia para controlar o cumprimento das medidas sanitarias e as restricións establecidas fronte á COVID-19 e evitar situacións como as vividas esta pasada fin de semana.

 É necesario recordar que a permanencia de grupos de persoas limítase a un máximo de catro en espazos pechados de uso público e de seis en espazos abertos ou ao aire libre de uso público. En espazos de uso privado, a permanencia de grupos de persoas quedará limitada aos constituídos exclusivamente por persoas convivintes. En todo caso, recoméndase restrinxir ao máximo a interacción social e que os encontros queden limitados unicamente á unidade de convivencia.

Desde o goberno faise fincapé na necesidade do “compromiso persoal e responsable” dos veciñose veciñas á hora de poñer freo á transmisión do virus, lembrando que en ningún momento podemos baixar a garda e que debemos adoptar as medidas preventivas establecidas.

O Concelleiro de Administración Xeral Víctor Fernandez, apela á responsabilidade individual de toda a veciñanza e pide que se “continúe xuntando esforzos e adóptense as medidas de prevención coa máxima responsabilidade, evitando calquera situación que poida poñer en risco a saúde e a seguridade da poboación. A prioridade debe ser que non se produzan novos contaxios cun seguimento rigoroso das medias sanitarias”. É un esforzo de responsabilidade e solidariedade que temos que facer para canto antes saír todos xuntos desta crise”.

Así mesmo, quere agradecer o traballo desenvolvido polos axentes e os seus mandos "neste esforzo conxunto para facer ver á cidadanía a necesidade de extremar as precaucións, e con elo evitar o risco de contaxios, así como destacar o seu compromiso e profesionalidade do que están a facer gala desde o comezo do estado de alarma ata a actualidade".

Novas relacionadas:

Revista Ames Go: "Case 60 denuncias por incumprimento de medidas contra a COVID-19 a pasada fin de semana"

Compostela 24 horas: "A fin de semana sáldase con 7 denuncias por festas en pisos en Ames"

Reunión coa Policía Local