Pestanas principais

Fin de semana de festas en Lens e Ortoño, con dúas actuacións do programa “Música nas parroquias”

Venres, 02 de setembro de 2022

A Asociación de Veciños San Paio de Lens celebra esta fin de semana as súas festas na honra da Virxe do Carme e de San Paio, cuns festexos nos que a Concellaría de Cultura colabora coa actuación de Airiños do Paseo de Colón, este domingo 4 no programa “Música nas parroquias”. Tamén o domingo, e do mesmo xeito, na Festa da Filomena da Asociación de Mulleres de Ortoño contarán coa música do grupo tradicional Retranqueiros.

A parroquia de San Paio de Lens celebra as súas festas patronais do venres 2 ao domingo 4 de setembro, cunha serie de misas e actos litúrxicos organizados pola Asociación de Veciños San Paio de Lens. Neste senso, a Concellaría de Cultura, a través do programa “Música nas parroquias”, colabora con estes festexos, coa actuación do grupo tradicional Airiños do Paseo de Colón o domingo 4 de setembro.

Nesa mesma xornada, a Asociación de Mulleres de Ortoño celebra a súa festa da Filomena, na que tamén estará presente o programa “Música nas parroquias”, coa música de Retranqueiros nunha sesión vermú posterior á misa, cantada polo coro parroquial de Ortoño. Ademais, haberá un xantar popular, unha chocolatada e verbena a partir das 22:00 horas, co Combo Dominicano e a disco móbil CDC.

“Música nas parroquias”

“Música nas parroquias” é a aposta da Concellaría de Cultura para recuperar as festas das parroquias do concello de Ames. É un programa vivo que inclúe a todos os grupos musicais e agrupacións tradicionais que pasarán polas parroquias amesás nos meses de verán.

Novas relacionadas:

AMSGO!: "“Música nas parroquias” chega esta fin de semana a Lens e Ortoño"

Fin de semana de festas en Lens e Ortoño, con dúas actuacións do programa “Música nas parroquias”

Multimedia

  • Fin de semana de festas en Lens e Ortoño, con dúas actuacións do programa “Música nas parroquias”