A parroquia de Ames celebra este mércores 24 e o xoves 25 de abril as festas na honra de San Marcos. Para conmemoralo, haberá fogos de artificio dende o monte de San Marcos, misa solemne e diversas actuacións musicais, que correrán a cargo do trío La Noche. O Concello de Ames colabora na realización de ditas festas.
Os festexos comezarán este mércores, 24 de abril, ás 22.30 horas, co toque de campá co que se dará comezo a tirada de fogos de artificio dende o monte de San Marcos. De seguido, o xoves 25 de abril, ás 13.00 horas, oficiarase unha misa solemne na capela na honra de San Marcos, amenizada por un grupo de gaiteiros. A continuación, realizarase a sesión vermú que estará amenizada polo trío La Noche. Pola noite haberá verbena que tamén correrá a cargo do trío La Noche.





