Pestanas principais

Festas en Agrón os días 13 e 14 de outubro

Venres, 12 de outubro de 2018

[12-10-2018] Esta fin de semana do 13 e o 14 de outubro, a parroquia de Agrón celebra as súas festas na honra de Santo André e da Virxe do Rosario. Para conmemoralo, ao longo de dous días haberá misas solemnes e diversas actuacións musicais, que correrán a cargo das orquestras Tokio e Millenium.

Os festexos comezarán na parroquia o sábado, 13 de outubro, cunha misa solemne ás 13.00 horas na honra de San André. A continuación, a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Tokio, formación que tamén será a encargada de amenizar a verbena da noite xunto á discoteca móbil Superfabrik.

O domingo os festexos comezarán ás 13.00 horas cunha misa solemne celebrada na honra da Virxe do Rosario. Os encargados de animar a sesión vermú serán o dúo musical Millenium, que marcarán o punto e final das actuacións programadas para estas festas.

Contido relacionado


Compostela 24 horas: "Agrón celebra as súas festas patronais"