Pestanas principais

As festas de San Xoán de Ortoño contarán coa Panorama

Sábado, 22 de xuño de 2019

San Xoán de Ortoño celebra as festas en honor ao seu patrón do domingo 23 ao martes 25 deste mes. O cartel constará de tres días de festa cargados de música, agrupacións folclóricas e actuacións estelares. Asemade, o domingo  ás 21.00 horas terá lugar a tradicional sardiñada de San Xoán, que será amenizada polo dúo Rosan. A Pulpería Lito Mambís encargarase do aspecto gastronómico durante os tres días de festexos.

O programa de festas para a celebración do San Xoán de Ortoño comeza este domingo, 23 de xuño, ás 12.00h, cunha misa solemne con coral na honra do Santísimo, á que seguirá unha procesión que contará coa presenza de Os danzantes de Cobas. Con motivo das celebracións, as aforas da igrexa estarán decoradas cunha alfombra floral. O dúo Rosán será o encargado de amenizar a sesión vermut e, xa pola noite, tamén porá a nota musical durante a sardiñada que se desenvolverá a partir das 21.00h.

A xornada do luns tamén comezará ás 12.00h cunha misa solemne na honra de San Xoán, na que se contará co coro Allegro de Noia, e a posterior procesión conducida ao son de música folclórica. Durante a sesión vermú Laura, vocalista do grupo La Ola, deleitará aos presentes coa súa música. Unhas horas despois, ás 22.00h, será a quenda da Orquestra Panorama e a disco móbil CDC, que serán as encargadas de facer bailar aos que se acheguen á verbena do luns.

Os actos programados para o martes 25 tamén comezarán ás 12.00h cunha misa solemne e procesión na honra de San Antonio, nas que se contará coa coral Lojo Batalla de Tapia e unha agrupación folclórica. De seguido, o dúo Rosan volverá ao campo da festa de Ortoño para amenizar a sesión vermú. O programa remata coa actuación da orquestra Miramar e a actuación estelar de King Africa. Os tres días de festa tamén se contará coa presencia da Pulpería Lito Mambís.

Ligazóns:

El Correo Gallego: "Arrancan en Ames as festasde San Xoán de Ortoño"

El Correo Gallego: "Artesanía floral con nivel ante un verano de devoción"

Cartel parcial festas San Xoán de Ortoño

Multimedia

  • Cartel festas San Xoán de Ortoño