Pestanas principais

As festas de Agrón celébranse esta fin de semana na honra do Santo André e da Virxe do Rosario

Venres, 06 de outubro de 2017

[06-10-2017] Agrón celebra as súas festas esta fin de semana. O sábado conmemórase o Santo André, mentres que o domingo hónrase á Virxe do Rosario. Ao longo da fin de semana, haberá misas solemnes e diferentes actuacións musicais. Como todos os anos, a programación dos festexos foi organizada pola comisión de festas de Agrón, que este ano contou cunha maior presenza da mocidade da parroquia.

As festas de Agrón comezan este sábado, 7 de outubro, na honra do Santo André. As 13:00 horas, terá lugar unha misa solemne, cantada pola Coral de Bugallido. A continuación haberá sesión vermú, da man do grupo Alca, que tamén estará á noite seguida da discoteca móbil CDC.

O domingo, 8 de outubro, conmemórase a Virxe do Rosario. Este día, en Agrón, haberá unha misa rezada ás 11:00 horas, mentres que ás 13:00h terá lugar unha misa solemne, seguida dunha procesión acompañada polo grupo de gaitas Os Castros, que tamén animará a sesión vermú.

Como todos os anos, os festexos foron organizados pola comisión de festas de Agrón, que este ano contou cunha maior participación da mocidade da parroquia. A xuventude de Agrón está a avaliar a posibilidade de pór en marcha unha asociación xuvenil, co obxectivo de dinamizar a parroquia.