[26-10-2015] A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o martes, 22 de decembro de 2015, a obra “Feo!”, un espectáculo de pequeno formato, baseado nun conto de Hans Cristhian Andersen, que trae a Ames Caramuxo Teatro e que está recomendado para toda a familia e especialmente para os nenos e nenas maiores de tres anos. As entradas para asistir á función teñen un prezo de catro euros para os maiores de 12 anos e os que posúan carné de estudante ou sexan maiores de 65 anos terán un desconto do 50%.
A pequena fábrica de parrulos de Goma “Il Papero Giallo” produce tódolos dias centos e centos de parrulos do mesmo tamaño e cor, mais un dia sae un parrulo diferente... Este é o punto de partida de “Feo!”, a obra que, baseada no conto “O parrulo feo” de Hans Cristhian Andersen chega a Ames da man de Caramuxo Teatro. Feo! é, segundo os responsables de Caramuxo Teatro “un canto á diversidade e a esencia dun mesmo, unha comedia para toda a familia”.
A dirección da peza corre a cargo de Laura Sarasola Pontón. Juan Rodríguez Santiago é o actor que interpreta a Feo. A adaptación do texto correu a cargo de Laura Sarasola e Juan Rodríguez. Suso Jalda, que deseñou as luces, actúa de manipulador de escena. As nenas Carla Yáñez, Ayelén Rodríguez e Sara Gómez poñen voces. O deseño do cartel é de Carlos Comendador. O vestiario corre a cargo da propia compañía e de Soledad Gómez e a fotografía e de Corsino.
As entradas para asistir á función teñen un prezo de catro euros para os maiores de 12 anos e os que posúan carné de estudante ou sexan maiores de 65 anos terán un desconto do 50%.




