Pestanas principais

A Federación de Asociacións do Rural de Ames organiza un mesa redonda sobre o control e loita contra a avespa velutina

Sábado, 18 de novembro de 2017

[18-11-2017] O sábado, 25 de novembro, a Casa da Cultura do Milladoiro acollerá, a partir das 19:00 horas, unha mesa redonda sobre o control e loita contra a avespa velutina. Nela participarán Laura García, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura; Jesús Orejas, xefe do servizo de Sanidade Animal da Consellaría de Medio Rural; Elisa Gago, xefa do Servizo de Conservación da Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente; Diego Sánchez, apicultor e membro do Sindicato Labrego Galego; e Xulio Maside, profesor da facultade de Bioloxía e investigador da Universidade de Santiago de Compostela. A mesa encádrase dentro da I Xornada Cultural FEDERAMES, organizada pola Federación de Asociacións do Rural de Ames.

A avespa velutina ou asiática é unha especie invasora que está a experimentar unha forte expansión por todo o territorio galego. Isto débese a súa facilidade de adaptación, á existencia dunhas condicións climáticas favorables e ao feito de non contar con depredadores naturais no medio. A situación non é diferente en Ames, onde se ten constancia da súa presenza desde hai máis de dous anos. Actualmente, moitas zonas do rural amesán están invadidos por esta especie, cuxos niños tamén se están empezando a ver nos núcleos de poboación e nas vilas.

Co obxectivo de entender o impacto que a expansión da avespa velutina ten no medio ambiente e percibir as dimensións desta praga, a Federación de Asociacións do Rural de Ames (Federames) incluíu esta mesa redonda dentro das súa primeira xornada cultural. A mesa redonda, que se presenta baixo o título Control e loita contra a avespa velutina, terá lugar o 25 de novembro, ás 19:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. 

Nela intervirán Laura García, asesora xurídica da Asociación Galega de Apicultura; Jesús Orejas, xefe do servizo de Sanidade Animal da Consellaría do Medio Rural; Elisa Gago, xefa do Servizo de Conservación da Biodiversidade da Consellaría de Medio Ambiente; Diego Sánchez, apicultor e membro do Sindicato Labrego Galego; e Xulio Maside, profesor da facultade de Bioloxía e investigador da Universidade de Santiago de Compostela.



Contido relacionado


La Voz de Galicia: "Mesa redonda sobre el control y lucha contra la avispa velutina"