Pestanas principais

As familias de Ames contarán cun novo programa de apoio “Familias plus”

Martes, 25 de outubro de 2022

A Asociación ACOUGO en colaboración co Concello de Ames pon en marcha o programa Familias plus. Trátase dunha rede de apoio para as familias que temporalmente se atopan ante dificultades na atención dos seus fillos e fillas. Para explicar en que consiste este programa e como será o proceso para converterse nunha familia de apoio a Asociación Acougo vai realizar dúas charlas informativas; a primeira será no Pazo da Peregrina en Bertamiráns o día 27 de outubro ás 19:00 horas e a segunda o 4 de novembro no antigo Centro de Saúde no Milladoiro tamén ás 19:00 horas. Para asistir hai que cubrir o seguinte formulario.

A Asociación Galega de Familias de Acollida (ACOUGO) traballa dende o ano 2019 a favor do benestar infantil desenvolvendo programas preventivos que melloren a eficacia dos servizos, das actuacións e das medidas de intervención. Nesta ocasión, e en colaboración coa Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, propoñen un servizo de atención e apoio ás familias con fillos e fillas a cargo que atravesan dificultades sen que estas constitúan unha desprotección pero si presentan factores de risco que requiren unha intervención dende os servizos sociais básicos.

O Servizo de Familias Plus é un recurso que atende a familias que, temporalmente se atopan ante dificultades na atención dos seus fillos e fillas (problemas de saúde, dificultade para conciliar a vida laboral, formativa e familiar...) ofrecéndolles unha rede de apoio que lle dea soporte a esas familias posibilitando que os fillos e fillas sigan cos seus proxenitores.

A Asociación ACOUGO busca familias que queiran colaborar e acompañar a esas familias que precisan esa rede de apoio, persoas que comprometan o tempo que teñen dispoñible dando soporte a outras familias. Para iso a Asociación Acougo vai realizar dúas charlas informativas onde explicarán en que consiste o programa Familias Plus e como será o proceso para converterse nunha familia de apoio. A primeira será no Pazo da Peregrina en Bertamiráns o día 27 de outubro ás 19:00 horas e a segunda o 4 de novembro no antigo Centro de Saúde en Milladoiro ás 19:00 horas.

Todas as persoas interesadas en asistir a estas charlas teñen que cubrir o seguinte formulario. As charlas contarán con servizo de conciliación para que as persoas interesadas poidan asistir coas súas crianzas.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Programa Familias plus para dar un respiro a las que no disponen de medios"

La Voz de Galicia: "Ames busca familias que ayuden a otras en casos excepcionales"

As familias de Ames contarán cun novo programa de apoio “Familias plus”

Multimedia

  • As familias de Ames contarán cun novo programa de apoio “Familias plus”