Pestanas principais

Familiares e amigos dun cento de karatekas encheron o sábado o pavillón polideportivo de Bertamiráns con motivo do VII Trofeo de Karate Concello de Ames

Luns, 27 de abril de 2015

[27-04-2015] O pavillón polideportivo de Bertamiráns acolleu este sábado a sétima edición do Trofeo de Karate Concello de Ames. Un cento de deportistas de entre 3 e 13 anos competiron nas categorías de benxamín, alevín, infantil, xuvenil e cadete, tanto feminino como masculino. O Club Deportivo Karate Ames, que organizou o evento en colaboración coa Concellaría de Deportes, recibiu un total de dezasete trofeos.