Pestanas principais

A Factoría volve abrir para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical

Sábado, 21 de xuño de 2025

O Concello de Ames dispón dun local municipal onde os grupos musicais do concello poden ensaiar. Trátase de A Factoría, que está situada na parroquia de Biduído. Ditas instalacións estiveron pechadas por mor das obras na cuberta do edificio. Executáronse melloras para resolver problemas de humidade, illamento e acondicionamento das salas. Ademais das obras do exterior, habilitouse na sala contigua á de ensaio, un pequeno estudo de gravación, para que os grupos poidan mesturar, editar e producir audio coa súa propia produción musical. Unha vez rematadas as obras os grupos xa poden volver a iniciar os seus ensaios e práctica musical. Ademais, do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría.

O departamento de Xuventude ten a disposición dos grupos musicais do concello un equipamento municipal co obxectivo de facilitar un espazo para o ensaio musical da cidadanía do concello, fomentar a práctica musical da mocidade de Ames e contribuír a unha maior formación musical e técnica dos grupos que fan uso deste equipamento. Despois de que ditas instalacións estiveran pechadas por mor das obras na cuberta do edificio, infórmase que A Factoría xa está lista para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical.

Para mellorar ditas instalacións e equipamentos, durante os últimos meses realizáronse diversos traballos de mellora na Factoría co obxectivo de que sexa máis acolledora para os seus usuarios/as. Deste xeito, executáronse melloras para resolver problemas de humidade, illamento e acondicionamento das salas. Ademais das obras do exterior, habilitouse na sala contigua á de ensaio, un pequeno estudo de gravación, para que os grupos poidan mesturar, editar e producir audio coa súa propia produción musical. 

A concelleira de Mocidade, Carmen Porto, explica que “A Factoría é un lugar de ensaio para os grupos musicais de Ames, pero ademais serve como punto de xuntanza para as nosas mozas e mozos. A mellora da cuberta e do illamento do local eran traballos moi necesarios. Ademais, habilitouse un pequeno estudo de gravación co obxectivo de ir ampliando os servizos que ofrece A Factoría e dispor dun local máis acolledor”.

Renovación anual das agrupacións musicais
Por outra banda, do 1 ao 15 de xullo estará aberto o prazo para que os músicos e músicas de Ames, que xa empregan estas instalación, poidan renovar a solicitude de uso do local municipal A Factoría. As persoas usuarias do local que queiran seguir utilizándoo, deben enviar dentro do prazo a súa solicitude de renovación cumprimentado e asinando o documento anexo, e enviándoo a xuventude@concellodeames.gal. En caso de non renovar no prazo establecido, procederase á baixa no uso do local.

As agrupacións que tramiten a renovación poden usar as instalacións de A Factoría de balde nas condicións que se establecen no regulamento. As agrupacións que non renoven no prazo establecido, procederase a dalas de baixa no uso do local, tendo que devolver a chave da instalación no Pazo da Peregrina antes do 30 de xullo deste ano.

Agrupacións novas
Calquera agrupación que desexe facer uso do local pode reservalo, sempre que, polo menos, un dos/as seus/súas integrantes estea empadroado no concello de Ames e que o grupo estea dado de alta no censo municipal de artistas do concello. 

O horario de ensaio do local para todos os días da semana é entre as 10.00h e as 22.00 horas, sempre e cando non interfira en actividades organizadas polo propio Concello. Os grupos dispoñen de ata tres horas consecutivas á semana para ensaiar. Calquera dúbida ou consulta poden contactar con Xuventude Ames no correo electrónico xuventude@concellodeames.gal.

Novas relacionadas: 

La Voz de Galicia: "A Factoría, el local amiense para ensayos musicales, reabre tras las obras"

El Correo Gallego: "Reabre A Factoría de Ames mellor illada e con estudo de gravación"

A Factoría volve abrir para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical

Multimedia

  • A Factoría volve abrir para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical
  • A Factoría volve abrir para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical
  • A Factoría volve abrir para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical
  • A Factoría volve abrir para que todos os grupos poidan reiniciar a súa práctica musical