Pestanas principais

Extinguido o incendio forestal que se orixinou preto da urbanización de Aldea Nova

Mércores, 16 de agosto de 2017

[16-08-2017] Este mércores, 15 de agosto, arredor das 16:30 horas, orixinouse un incendio forestal preto da urbanización de Aldea Nova. Segundo as investigacións, a espera de que se rematen as instrucións por parte da unidade da policía autonómica, o lume foi accidental, polo que non foi intencionado. O incendio orixinouse no monte que está próximo a dita urbanización. Posteriormente, dito lume saltou a outra beira da estrada, a zona dos Batáns, preto ao cemiterio municipal. Isto provocou que houbese que cortar a estrada AC-543. Estímase que a superficie queimada foi de 3,6 hectáreas. Arredor das 19:00h deuse por controlado o lume.

A rápida intervención dos equipos contra-incendios evitou que o lume se propagase e puxese en perigo as vivendas da urbanización de Aldea Nova, así como que ardese máis superficie. No operativo participaron 10 cuadrillas, 4 helicópteros, 2 hidroavións, 4 moto bombas, o tractor cisterna que aporta o Concello, axentes da Policía Local de Ames e da Garda Civil do Milladoiro, membros da Garda Civil de Tráfico, así como da unidade da policía autonómica (que se encargaron de realizar as instrucións dos feitos), de protección civil de Santiago de Compostela e do grupo de emerxencias de Brión.

Asemade, tanto o concelleiro de Medio Ambiente, Javier García, como a concelleira de Atención Veciñal, Isabel González, estiveron en todo momento nas inmediacións da urbanización de Aldea Nova controlando o operativo de extinción. En principio, á espera de que a policía autonomía remate as instrucións do incendio, parece que o lume foi accidental, polo que non foi provocado. Estímase que a superficie queimada foi de 3,6 hectáreas.

Dende o goberno municipal, o concelleiro de Medio Ambiente, Javier García, incide na importancia de cumprir coa lei de montes e dos traballos de prevención para evitar os lumes forestais. “Dende o Concello de Ames iniciamos un proxecto de repoboación con árbores frondosas na parroquia de Piñeiro e queremos que este ambicioso proxecto continúe por outras zonas do concello como pola contorna de Aldea Nova”, explica o edil de Medio Ambiente.

Ademais, a concelleira de Atención Veciñal, Isabel González, agradeceu “a cantidade de medios que participaron nos traballos de extinción e sobre todo a súa rapidez en chegar o incendio, xa que iso evitou que fose máis a superficie que ardera. Asemade, evitou todo risco para vivendas e empresas. Gracias tamén a todas ás persoas que alí estiveron a desempeñar o seu traballo. Agora xa lle toca a outros/as profesionais resolver o que pasou e o que o provocou”.

Por último, este incendio súmase a outro lume que tivo lugar o pasado sábado, 12 de agosto, na zona de Ventín, preto do Milladoiro, que obrigou a intervir aos medios aéreos e motobombas para poder controlar as chamas.


Contido relacionado


Ames Go: "O incendio de Aldea Nova xa está extinguido"
El Correo Gallego: "Extinguido o incendio forestal preto de Aldea Nova que queimou 3,6 hectáreas"
La Voz de Galicia: "Un incendio a cien metros de Aldea Nova obliga a cortar la carretera"
La Voz de Galicia: "El incendio que amenazó a los vecinos de Aldea Nova y cortó la carretera pudo ser accidental"
La Voz de Galicia: "La carretera de Bertamiráns, abierta al tráfico tras casi una hora de corte por el incendio en Aldea Nova"
Lindeiros: "Incendio en Aldea Nova que pon de manifesto as reclamacións dos axentes medioambientáis"