Pestanas principais

Exposición pública do padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica

Luns, 10 de marzo de 2014

[10-03-2014] A Presidencia da Deputación da Coruña, por resolución número 3193, do 28 de febreiro de 2014, aprobou o padrón fiscal do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, correspondentes ao exercicio 2014, do concello de Ames, que, de conformidade co disposto no artigo 7 do Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, aprobado polo Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, delegaron na Corporación as facultades que a lei lles atribúe en materia de xestión tributaria e de recadación, relativas aos mencionados impostos.

O padrón quedará exposto ao público no concello e na Deputación provincial durante o prazo comprendido entre o 10 de marzo e o 19 de abril de 2014, ambos os dous inclusive. Durante este prazo de exposición pública os interesados poderán examinalos e formular, contra os actos que se notifican, perante a Presidencia da deputación, o recurso de reposición regulado no artigo 14.2 do Texto refundido da lei reguladora das facendas locais, no prazo dun mes, contado dende o día seguinte ao de finalización do anteriormente devandito período de exposición pública do padrón fiscal.