Xoves, 12 de maio de 2011
[12-05-2011] Despois de que o pasado 15 de abril rematase o prazo de inscrición para obter praza nas escolas infantís de O Bosque, en Bertamiráns, e da Madalena, no Milladoiro, xa están pechadas as listas de admitidos e excluídos en ambas as dúas escolas. As listas pódense consultar estes días nos dous centros de ensino. Os interesados disporán de dez días hábiles para facer as alegacións que estimen convenientes. Unha vez saían as listas definitivas de admitidos e excluídos abrirase o prazo de matrícula que irá dende o día 1 ata o 15 de xuño.




