Pestanas principais

Éxito na primeira participación do Escola Ames Xadrez nos Campionatos Galegos de Xadrez

Venres, 11 de xuño de 2021

14 integrantes do club amesá participaron no torneo galego nas categorías de sub 14, sub 8 e por equipos, tanto na categoría cadete coma na absoluta. Os deportistas da  Escola Ames Xadrez tamén xogaron nas competicións a menor tempo, como son o Lóstrego e Rápido, e nos torneos sub 10, acadando a quinta posición, e sub 12, no noveno posto.

No torneo galego sub 14, no que participaron 5 nenos do club (Noel, Nico, Dani, Arán e Pedro) os nenos acadaron maior experiencia para futuros torneos.

O seguinte torneo á colación sería o sub 8, onde competiron Noé e Unai. Noé iniciouse no mundo dos torneos, nesta difícil competición, acercándose a metade dos puntos. En canto a Unai, remataría a contenda gañando un trofeo na quinta posición.Nesta categoría tamén destacar a Daniel Manrique, quen se alzou ca vitoria nesta categoría. A pesar de non ser membro do club, asiste regularmente ás clases.

Posteriormente, comezaron os torneos por equipos onde o club Escola Ames Xadrez  participou con dous integrantes na categoría cadete e un na absoluta. Na cadete, o equipos dos menores, Gael, Arán, Unai e Alba rematarían de penúltimos. Cabe destacar que eran un dos equipos máis mozos da categoría, servindo de adestramento para vindeiros torneos. Respecto os maiores, Noel, Nico, Sergio e Diego, defenderíanse na metade da táboa. Na absoluta, Alberto, Roberto, Noel, Sergio, Arán e Gael, sendo un dos equipos máis novos, defendéronse na parte media-baixa da táboa.

Trala competición por equipo, chegou a quenda das competicións a menor tempo, como son o Lóstrego (ritmo de 3´+2´´) e Rápido (10´+5´´). Tralo aprazamento do torneo polo peche perimetral de Padrón (a vila da sede) pola Covid, participaron no Lóstrego Noel Casares, Pedro, Noel Leis e Unai, rematando na zona temperada os dous primeiros e na baixa os dous benxamíns. En canto ao Rápido, Pedro, Sergio e Roberto remataron a competición en torno a metade da clasificación.

Finalmente rematarían os torneos cas categorías sub 10 e sub 12, onde asistiron na primeira Unai,  Sergio e Alba e na segunda Noel, Gael, Arán, Diego e Gael. Destacar a quinta posición de Sergio no sub 10 e a novena de Noel no sub 12. Do mesmo xeito, tamén citar o triunfo de Nico na categoría sub 12, quen a pesar de non ser do club, si que asiste ás clases.

Escola Ames Xadrez nos Campionatos Galegos de Xadrez

Multimedia

  • Nico e Sergio, Escola Ames Xadrez nos Campionatos Galegos de Xadrez
  • Unai, Escola Ames Xadrez nos Campionatos Galegos de Xadrez