Pestanas principais

Éxito de participación no Encontro Intercultural coa degustación de preto de 30 receitas e diversas actuacións musicais

Luns, 09 de xuño de 2025

A praza da Maía de Bertamiráns acolleu o pasado sábado un novo Encontro Intercultural. A xornada incluíu a degustación de diversos pratos típicos de Venezuela, Perú, Colombia, Brasil, Guatemala, Marrocos, Exipto e Siria. Os asistentes puideron degustar arredor de 30 receitas de pratos, sobremesas e bebidas. Ademais, houbo música venezolana a cargo do artista Misael Sánchez e dous músicos, unha agrupación de nenos e nenas peruanos/as, e do grupo Batuko Tabanka. A xornada estivo organizada polo Concello de Ames e contou coa colaboración da Asociación de Peruanos de Santiago e da Asociación Sociocultural de Venezolanos en Santiago de Compostela (AVESANTI). Pódese acceder á galería completa do evento na seguinte ligazón

A xornada comezou coa degustación de diferentes pratos típicos de diferentes nacionalidades realizados por veciños e veciñas de Ames, procedentes de diferentes países como Venezuela, Perú, Colombia, Brasil, Guatemala, Marrocos, Exipto e Siria. A cociña venezolana estivo representada con doce receitas diferentes. De Perú houbo outras tres receitas e de Guatemala dúas (Kak´ik, unha comida indíxena do departamento de Alta Verapaz, e orchata de arroz). Do resto de países degustáronse pratos típicos, sobremesas e bebidas.

A concelleira de Benestar Social, Uxía García, destacou que “o Encontro Intercultural tivo moi boa acollida e serviu para darlle visibilidade á cultura de moitos veciños e veciñas de Ames, que proceden doutros país, pero que levan anos vivindo no noso concello. Foi unha xornada de intercambio cultural con esas persoas que xa son de Ames, pero proceden doutros países. Puidemos coñecer máis a fondo a gastronomía e música de países como Venezuela, Perú, Colombia, Brasil, Guatemala, Marrocos, Exipto e Siria”.

Durante a xornada tamén houbo actividades infantís para os nenos e nenas e actuacións musicais a cargo do artista venezolano Misael Sánchez, e dous músicos, que achegaron aos participantes á musica venezolana; dun grupo de nenos e nenas da Asociación de Peruanos de Santiago; e do grupo Batuko Tabanka, que foi creado no ano 2000 en Burela, e está formado por catorce mulleres caboverdianas residentes en dita localidade.

Novas relacionadas: 

Diario de Santiago: "Éxito de participación no Encontro Intercultural en Ames coa degustación de preto de 30 receitas e diversas actuacións musicais"

Éxito de participación no Encontro Intercultural coa degustación de preto de 30 receitas e diversas actuacións musicais

Multimedia

  • Éxito de participación no Encontro Intercultural coa degustación de preto de 30 receitas e diversas actuacións musicais