- Tematica
O club de atletismo MillaRaio participou o pasado 24 de maio nos campionatos galegos sub10 e sub12, que se celebraron na pista de Elviña na Coruña. Na categoría sub10 o club amesán estivo representado por 5 atletas, mentres que na categoría sub12 participaron 7 deportistas. Estes/as 12 atletas conseguiron uns excelentes resultados, obtendo 7 medallas. A vindeira cita na que participarán é o campionato galego de equipos.
O pasado 24 de maio disputouse o campionato galego individual sub10 e sub12 na pista de Elviña na Coruña. O Club atletismo MillaRaio estivo representado por os/as atletas sub10 Sara Carollo, Mateo Vilela, Pedro López, Raul Rouco e Samuel Isaac; e as sub12 Celia Mella, Vera Fernández, Lía Rouco, Sara Blanco, Emma Vázquez, Sabela Cabo e Olaia Pazos.
A esta numerosa participación, únense os excelentes resultados obtidos, entre os que destacan os ouros de Mateo Vilela en 50 e 500 metros, de Pedro López en altura (con récord galego sub10); os bronces de Sara Carollo en pelota e de Sara Blanco en peso; e a prata de Pedro López en pelota e do equipo sub10 nos relevos.
Novas relacionadas:
Diario de Santiago: "Éxito de participación e resultados do MillaRaio nos campionatos galegos sub10 e sub12"













