- Tematica
A Escola de Karate Dokkodo realizou o pasado domingo, 15 de febreiro, unha das súas actuacións máis destacadas no Campionato Galego de Clubs. Nunha competición que reuniu a 30 clubs de todas as provincias, a escola de Ames logrou alzarse coa cuarta posición do medalleiro xeral grazas a unha colleita dun ouro, unha prata e dous bronces, superando a clubs de longa traxectoria no panorama galego.
A gran noticia da xornada chegou na modalidade de técnica (Kata), onde o equipo Dokkodo Alevín, composto por Tiago, Vera e Hugo, alzouse coa medalla de ouro. A terna de deportistas completou un torneo perfecto, vencendo con autoridade por 3-0 tanto na semifinal como na gran final.
Tamén na modalidade de kata, o equipo Xuvenil 1 (Mateo, Martina e Xián) realizou unha gran competición, superando con solvencia os oitavos de final (3-0) e caendo por un estreito 1-2 en cuartos contra o que resultou gañador do campionato. Tras a repesca, o equipo fíxose coa medalla de bronce, impoñéndose tamén por 3-0 no encontro definitivo polo podio. Pola súa banda, os equipos Xuvenil 2 (Jadel, Iván e Martín) e Benxamín (Breixo, Erea e Gabriel) completaron unha participación moi sólida, sumando unha experiencia competitiva fundamental para o futuro da escola.
Na modalidade de kumite (combate), o equipo Alevín integrado por Tiago, Vera e Félix, asinou unha actuación soberbia que lles valeu a medalla de prata. Pola súa banda, o trío formado por Mateo, Martina e Jadel logrou o terceiro chanzo do podio en , tras unha competición moi esixente. Cabe destacar tamén o gran papel e os quintos postos acadados polos equipos Infantil (Xián, Uxía e Martín) e Cadete-Junior (formado Raul Rodriguez e Raúl Vázquez). No caso destes últimos, o mérito foi dobre ao ter que competir con só dous integrantes debido á inoportuna baixa por lesión dun compañeiro a última hora, quedando ambos equipos ás portas de sumar dúas medallas máis para o club amesán.A gran noticia da xornada chegou na modalidade de técnica (Kata), onde o equipo Dokkodo Alevín, composto por Tiago, Vera e Hugo, alzouse coa medalla de ouro. A terna de deportistas completou un torneo perfecto, vencendo con autoridade por 3-0 tanto na semifinal como na gran final.
Tamén na modalidade de kata, o equipo Xuvenil 1 (Mateo, Martina e Xián) realizou unha gran competición, superando con solvencia os oitavos de final (3-0) e caendo por un estreito 1-2 en cuartos contra o que resultou gañador do campionato. Tras a repesca, o equipo fíxose coa medalla de bronce, impoñéndose tamén por 3-0 no encontro definitivo polo podio. Pola súa banda, os equipos Xuvenil 2 (Jadel, Iván e Martín) e Benxamín (Breixo, Erea e Gabriel) completaron unha participación moi sólida, sumando unha experiencia competitiva fundamental para o futuro da escola.
Na modalidade de kumite (combate), o equipo Alevín integrado por Tiago, Vera e Félix, asinou unha actuación soberbia que lles valeu a medalla de prata. Pola súa banda, o trío formado por Mateo, Martina e Jadel logrou o terceiro chanzo do podio en kumite xuvenil, tras unha competición moi esixente. Cabe destacar tamén o gran papel e os quintos postos acadados polos equipos Infantil (Xián, Uxía e Martín) e Cadete-Junior (formado Raul Rodriguez e Raúl Vázquez). No caso destes últimos, o mérito foi dobre ao ter que competir con só dous integrantes debido á inoportuna baixa por lesión dun compañeiro a última hora, quedando ambos equipos ás portas de sumar dúas medallas máis para o club amesán.
Dende a directiva da Escola de Karate Dokkodo amosaron a súa satisfacción polo traballo realizado: "este cuarto posto no medalleiro, por detrás de potencias como o Shihan de Lugo ou o San Francisco de Teo, reflicte o esforzo diario dos nosos alumnos e alumnas e a calidade do karate que se está a facer en Ames".
“Este resultado supón un pulo de enerxía para a escola, que continúa a súa preparación para as vindeiras citas do calendario nacional e autonómico, levando o nome de Ames ao máis alto do karate galego”.










