Pestanas principais

Éxito da Escola Ames Xadrez nos tres campionatos disputados polo alumnado

Mércores, 23 de novembro de 2022

O alumnado da Escola Ames Xadrez vén de participar en distintas competicións deste deporte: no Circuíto da Deputación da Coruña de Xadrez, no Circuíto galego de Xadrez e no Torneo Internacional Bicapawn. Varios dos integrantes da escola lograron acadar un alto nivel, situándose entre as primeiras posicións nos torneos e, algúns deles, mesmo facéndose coas vitorias en distintas categorías.

No Torneo Internacional de Xadrez de Bicapawn, celebrado na Cidade da Cultura coa presenza de comunicadores como Rey Enigma e Pepe Cuenca, participaron nove rapaces da Escola. Cabe destacar a vitoria de Unai Casares na categoría sub10, un triunfo que lle permite clasificarse para xogar o II Bicapawn International Tournament, que se celebrará en Túnez o próximo mes de decembro.

Pola súa banda, Noel, tamén alumno da escola, logrou acadar un quinto posto en sub14, mentres que Sergio Calvo se fixo co segundo na categoría sub10 da modalidade Rapid, na que se xogan partidas que duran entre 10 e 60 minutos.

Os pequenos Pedro, Martín e Rodrigo, pola súa parte, estreáronse nun torneo oficial por primeira vez, compartindo competición con tres xogadores que forman parte do top 50 a nivel internacional e outros seis do top 20 a nivel nacional.

No Circuíto de xadrez da Deputación da Coruña, un torno que se disputa en diferentes vilas galegas, fixéronse cos primeiros postos da clasificación Unai Casares, na categoría sub10, Noel Leis, na categoría sub12, Sergio Calvo, na categoría sub14 e Noel Casares, no ránking sub1600. Nesta competición todos os alumnos da Escola que se presentaron lograron acadar bos resultados, disputando con tesón as probas nas que participaron.

Por último, na clausura do Circuíto galego de Xadrez, que tivo lugar en Vilagarcía e contou coa presenza de máis de 200 participantes, alzouse coa vitoria Sergio Calvo na categoría sub10, ao gañar na derradeira partida. Así mesmo, outros dous alumnos da Escola lograron acadar o cuarto posto: Unai Casares en sub10 e Nico Amado en sub12, mentres que Noel Casares se fixo coa quinta posición en sub14. O triunfo de Sergio Calvo permitiulle colocarse como primeiro clasificado no torneo.

Éxito da Escola Ames Xadrez nos tres campionatos disputados polo alumnado

Multimedia

  • Éxito da Escola Ames Xadrez nos tres campionatos disputados polo alumnado