[17-02-2016] O departamento de Normalización Lingüística de Ames organiza o sábado 27 de febreiro a excursión “Ruta Rosaliana” Visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón”, con motivo da celebración do día do nacemento da escritora o 24 de febreiro.Hai dispoñibles en total 55 prazas que se irán cubrindo por rigorosa orde de inscrición. O prezo da excursión é de 1,5 euros, cantidade que será empregada para cubrir o prezo de entrada á casa-museo. O sábado 27 un autobús sairá ás 10:00 horas do Milladoiro, facendo parada en Bertarmiráns ás 10:15 horas para levar aos e ás excursionistas até a vila de Padrón. A volta da excursión está programada para as 14:30 horas. Para realizar a inscrición ou pedir máis información pódese acudir ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns ou chamar ao teléfono 662377215 ou á Casa da Cultura do Milladoiro ou chamar ao número 981535940.




