Pestanas principais

Este xoves realízase unha nova andaina saudable con saída e chegada dende o centro de saúde do Milladoiro

Mércores, 19 de setembro de 2018

[19-09-2018] O vindeiro xoves, 20 de setembro, realizarase unha nova andaina de 4,5 km, con saída e chegada dende o centro de saúde do Milladoiro. Ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media que comezará ás 17.00 horas.


Tralo éxito das andainas saudables realizadas no Milladoiro dende xuño e o curso de iniciación á marcha nórdica, o Concello de Ames, a través da Concellería de Sanidade, está a organizar novos cursos de consolidación de cara ao mes de outubro. Este éxito do deporte en Ames cristalizou o pasado mes de xuño, asemade, na elaboración dun programa de andainas saudables, composto de 7 rutas urbanas circulares con saída e chegada dende o centro de saúde do Milladoiro.

Dentro desta última iniciativa, posta en marcha en coordinación co centro de saúde do Milladoiro, encádrase a nova andaina que se realizará este xoves, 20 de setembro. Ao igual que as anteriores, será de 4,5 km de distancia, terá unha trazado circular e unha dificultade media-baixa, e partirá ás 17:00 horas dende o centro médico de dita localidade. O percorrido terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media.

A actividade estará supervisada por Ricardo, o monitor que impartiu o curso de iniciación de Marcha Nórdica os días 15 e 16 de setembro, polo que a andaina tamén servirá para seguir afianzando o aprendido nos obradoiros. Para participar nesta actividade, que é aberta a toda a veciñanza, non é preciso inscribirse previamente. As próximas andainas deste programa realizaranse o 18 de outubro, o 15 de novembro e o 20 de decembro.


Contido relacionado


Compostela 24 Horas: "Nova andaina saludable no Milladoiro"