[20-03-2019] A Concellaría de Medio Ambiente organizou unha serie de charlas informativas sobre a avespa velutina, ao abeiro dunha campaña de mitigación da invasión da vespa asiática, a través da impartición de dúas charlas informativas que corren a cargo do entomólogo e técnico de Protección Civil de Cambre, Lolo Andrade. A primeira actividade realizouse o xoves 14 de marzo, no Local social de Bugallido. A segunda charla impartirase este xoves, 21 de marzo, no Local social de Tapia ás 20.00 horas.
Protexer as colmeas, a froita, e mailos paxaros e o obxectivo principal desta campaña, ao tempo que tranquilizar á veciñanza ante alarma que este insecto causa. Ademais, nestas charlas darase información sobre as trampas que mellor funcionan e o líquido atrainte recomendado que non causan dano noutras especies. Tamén será importante prestar atención aos diferentes métodos de loita que debemos adoptar nos distintos meses do ano adecuándoos ao ciclo biolóxico da velutina. Así, de marzo a maio e de setembro a outubro débese facer o trampeo das avespas raíñas.