Pestanas principais

Este xoves, 28 de marzo, continúa o programa SaudeAndo cunha nova andaina saudable dende o centro de saúde de Bertamiráns

Luns, 25 de marzo de 2019

Este xoves, 28 de marzo, a partir das 17.30 horas, celebrarase unha nova andaina saudable con saída e chegada ao centro de saúde de Bertamiráns. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Organizadas pola Concellaría de Sanidade de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e Milladoiro, ditas andainas terán lugar en ambas localidades en semanas alternas.

Tralo éxito do programa de andainas saudables organizado pola Concellaría de Sanidade de Ames durante o segundo semestre do 2018, o Concello de Ames e os centros de saúde de Bertamiráns e do Milladoiro organizaron un novo programa de andainas que, nesta ocasión, se realiza en ambas localidades durante xoves alternos. Dito programa comezou o pasado 14 de marzo en Bertamiráns e rematará o 19 de decembro no Milladoiro. No total, haberá 30 andainas, 16 en Bertamiráns e 14 no Milladoiro. As devanditas andainas realizarase todos os xoves dende o mes de marzo ata o de decembro, agás os meses de xullo e agosto.

Deste xeito, este xoves, 28 de marzo, continúa o programa cun nova andaina que saíra ás 17.30 horas dende o centro de saúde de Bertamiráns. A ruta é circular polo que os/as participantes volverán ao punto de saída. Estas rutas urbanas, de dificultade media – baixa, teñen unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. Para participar nesta actividade, que está aberta a toda a veciñanza, non é preciso inscribirse previamente.

Ao igual que en andainas anteriores, a actividade estará supervisada por Ricardo Angueira Vázquez, o monitor que impartiu o curso de iniciación de Marcha Nórdica, polo que a andaina tamén servirá para seguir afianzando o aprendido nos obradoiros ou comezar a aplicar algúns trucos desta modalidade neste tipo de actividades.  Promoción da actividade física
A través desta actividade, a Concellaría de Sanidade ten como obxectivo a promoción da actividade física e a redución do sedentarismo entre os e as amesás de todas as idades, unha práctica entretida cunha importante repercusión na saúde. Neste senso, son numerosos os estudos que indican que a práctica regular de actividade física aporta unha ampla serie de beneficios, a longo e a curto prazo, tanto físicos como emocionais.

Así, entre o amplo abano de beneficios que supón a realización de exercicio físico atópase a mellora da función cardiorrespiratoria, da forza muscular e da masa ósea, ademais de converterse nun factor clave para combater a obesidade. Asemade, esta práctica diminúe o desenrolo de factores de risco asociados a enfermidades crónicas como é o caso de hipertensión, diabetes, hipercolesterolemia ou osteoporose. Por outra banda, o deporte tamén mellora a autoestima, posto que permite reducir os síntomas de ansiedade e depresión e diminuír o estrés. Neste senso, a realización de actividade física, ademais de divertido axuda a sentirse máis feliz.

Calendario de andainas durante o 2019
Entre os meses de marzo e decembro deste 2019 realizaranse un total de 30 andainas, das que 16 terán lugar en Bertamiráns e 14 no Milladoiro. Así, en Bertamiráns haberá andaina os días 28 de marzo, 11 e 25 de abril, 9 e 23 de maio, 6 e 20 de xuño, 5 e 19 de setembro, 3, 17 e 31 de outubro, 14 e 28 de novembro, e 12 de decembro. No Milladoiro realizarase esta actividade os días 4 de abril, 2 e 16 de maio, 13 e 27 de xuño, 12 e 26 de setembro, 10 e 24 de outubro, 7 e 21 de novembro, e 5 e 19 de decembro.

Ligazóns

Este xoves, 28 de marzo, continúa o programa SaudeAndo cunha nova andaina saudable dende o centro de saúde de Bertamiráns

Multimedia

  • Este xoves, 28 de marzo, continúa o programa SaudeAndo cunha nova andaina saudable dende o centro de saúde de Bertamiráns
  • Este xoves, 28 de marzo, continúa o programa SaudeAndo cunha nova andaina saudable dende o centro de saúde de Bertamiráns
  • Este xoves, 28 de marzo, continúa o programa SaudeAndo cunha nova andaina saudable dende o centro de saúde de Bertamiráns
  • Este xoves, 28 de marzo, continúa o programa SaudeAndo cunha nova andaina saudable dende o centro de saúde de Bertamiráns