Pestanas principais

Este xoves, 27 de setembro, remata o prazo extraordinario de inscrición na Escola Municipal de Música de Ames para o curso 2018/19

Luns, 24 de setembro de 2018

[24-09-2018] O vindeiro xoves, 27 de setembro, finaliza o prazo de inscrición para as prazas dispoñibles na Escola Municipal de Música de Ames para o curso 2018/2019. Na modalidade de música e movemento quedan 11 prazas libres, para nenos/a nados en 2014, e 6 prazas para os nados en 2012; mentres que en canto moderno quedan 2 prazas libres. As prazas cubriranse por orde de presentación das solicitudes no rexistro de entrada.

Con motivo do inicio do curso 2018/2019, a Escola Municipal de Musica de Ames, dependente da Concellaría de Educación e Cultura, fixo pública o pasado xoves, 20 de setembro, a listaxe coas prazas dispoñibles que quedan sen ocupar polo de agora. Con isto, preténdese darlle outra oportunidade aos interesados en inscribirse nalgunha das materias con prazas libres, que teñen dende o día 20 ao 27 de setembro para apuntarse.

Así, na modalidade de música e movemento quedan 11 prazas libres para nenos/a nados en 2014, e 6 prazas para os nados en 2012; mentres que en canto moderno quedan 2 prazas libres. Asemade, a asignación de prazas realizarase respectando a orde de presentación das solicitudes no rexistro de entrada.

Os impresos de solicitude poden descargarse premendo nos enlaces que están a túa dereita, baixo o apartado de descargas, nos que poderás obter máis información sobre as novas prazas da EMMA, así como os impresos de inscrición, pagamento e domiciliación bancaria. Estes documentos tamén poden recollerse de xeito presencial na Casa da Cultura do Milladoiro ou no Pazo da Peregrina en Bertamiráns.

Desde a Escola Municipal de Música de Ames poñeranse en contacto cos alumnos/as que obteñan praza, para que formalicen a matrícula na última semana de setembro. A documentación deberá entregarse do 20 ao 27 de setembro no rexistro xeral do Concello de Ames, no rexistro auxiliar do Pazo da Peregrina ou no rexistro da Oficina Municipal do Milladoiro, de luns a venres, en horario de 9:00 a 14:00horas.

Para obter máis información pódese acudir á Casa da Cultura do Milladoiro, en horario de 9:30 a 13:00 horas, chamar ao número de teléfono 981 535 940 ou enviar un correo electrónico ao enderezo escolademusica@concellodeames.gal.