Pestanas principais

Este xoves, 22 de febreiro, remata o prazo de inscrición para a primeira proba do circuíto de carreiras de montaña organizado pola Trail Galaica

Xoves, 22 de febreiro de 2018

[22-02-2018] A primeira proba do circuíto de carreiras de montaña, organizado pola Trail Galaica, estará composta por un itinerario que comezará na Ponte Maceira e rematará nas instalacións do Real Aero Club na Ameixenda. O prazo de inscrición para participar permanecerá aberto ata o vindeiro 22 de febreiro, ás 23:59 horas. A proba, que está organizada polo Concello de Ames, a Federación Galega de Atletismo e Dimenzone, celebrarase o domingo 25 de febreiro.

Para participar na carreira é preciso inscribirse, ata o 22 de febreiro ás 23:59 horas, a través da páxina web www.trailgalaica.com. O custe da inscrición será de 15 euros para o Trail (25,26 km) e de 10 euros para o Minitrail (14,46 km). O prezo inclúe o servizo de autobuses que transportará ás persoas participantes, a partir das 9:00 horas, desde o Real Aero Club ata a liña de saída na Ponte Maceira. Ademais, na zona de meta, haberá vestiarios, duchas e servizo de fisioterapeuta.

O concello de Ames acollerá só a primeira das probas do circuíto de carreiras de montaña organizado polo Galaica Trail. O resto de probas desenvolveranse nos Concellos de Muros, Pantón, A Pobra, Santiago e Boborás ata o 30 de xuño. As persoas interesadas en inscribirse nas seis probas que conforman o circuíto 2018 dispoñen dunha oferta de 70 euros no caso do Trail e 50 no caso do Minitrail con cota de inscrición. 

Para beneficiarse desta oferta, as persoas interesadas deberán 
enviar un correo electrónico ao enderezo info@galaica.com, onde se lles darán as indicacións oportunas para poder realizar a transferencia bancaria.