[19-12-2018] Este xoves, 20 de decembro, realizarase a última andaina saudable deste ano. A saída farase, ás 17.00 horas, dende o centro de saúde do Milladoiro. Despois de percorrer un traxecto circular, de 4,5 km de distancia, volverase ao punto de partida. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media.
Dende o pasado mes de xuño, o Concello de Ames, a través da Concellería de Sanidade, está a realizar unha serie de rutas urbanas circulares con saída e chegada ao centro de saúde do Milladoiro, encadradas nun programa de andainas saudables.
Dentro desta iniciativa, posta en marcha en coordinación co centro de saúde do Milladoiro, encádrase a nova andaina que se realizará este xoves, 20 de decembro. Ao igual que as anteriores, será de 4,5 km de distancia, terá un trazado circular e unha dificultade media-baixa. Partirá ás 17.00 horas dende o centro médico do Milladoiro. O percorrido terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media.
Ao igual que as anteriores andainas, esta actividade estará supervisada por Ricardo, o monitor que impartiu o curso de iniciación de Marcha Nórdica no pasado mes de setembro, polo que a andaina tamén servirá para seguir afianzando o aprendido nos obradoiros. Para participar nesta actividade, que é aberta a toda a veciñanza, non é preciso inscribirse previamente.