Martes, 31 de outubro de 2017
[31-10-2017] A entidade Acción contra a fame, en colaboración co Concello de Ames, imparte este xoves, 2 de novembro, o obradoiro “CANVAS Ferramentas de construción de modelos de negocio”. Esta iniciativa, na que se impartirán nocións de como traballar de xeito práctico e sinxelo as ideas emprendedoras dos participantes, impartirase no Centro de Formación e Emprego do Concello de Ames, situado na urbanización de Aldea Nova. Tratase dunha actividade totalmente gratuíta. Para inscribirse ou solicitar máis información pódese enviar un correo electrónico ao enderezo mlloves@accioncontraelhambre.org ou chamar ao número de teléfono 689 869 465.




