Pestanas principais

Este verán terán lugar 7 campamentos e campus de diferentes clubs e entidades deportivas de Ames

Xoves, 10 de xuño de 2021

O Concello de Ames, a través da Concellería de Deportes, presentou esta mañá dos campus e campamentos de verán que se desenvolverán durante estes meses en Ames. En total, o Concello e a Deputación da Coruña colaboran en 7 campamentos e campus de diferentes clubs e entidades deportivas de Ames. Neles poderanse aprender destrezas sobre fútbol, fútbol sala, baloncesto e patinaxe. Todos están previstos entre os meses de xullo e agosto. Esta iniciativa responde tamén á necesidade dun programa de conciliación entre vida laboral e familiar dos pais e nais.

O Concello de Ames e a Deputación da Coruña colaboran en diversos campus e campamentos deportivos que se levarán a cabo durante o verán en Ames. Están previstos dous campamentos de fútbol, dous de patinaxe, un campamento de baloncesto e outro de técnicas deste deporte e outro de fútbol sala.

Na presentación de esta mañá compareceron o alcalde de Ames, Blas García, e a Concelleira de Deportes, Susana Señorís. Tamén acudiu Alberto Viaño, Técnico de Deportes, José Luís Penas, do Basquet Ames, Anahí Sotelo, do Club de Patinaxe Omega , Edmundo Villasanta, do Milladoiro SD, Celtia Pampín, do Club de Patinaxe Sarela, Adrián Alvite, do Bertamiráns FC, Andrés Cadahia, do XL Milladoiro, e Paola Vignolo, presidenta do F.C. Meigas e a EFS Trasgos.

Susana Señorís, concelleira de Deportes, agradeceu que: “Este ano, os clubs dérades o paso de organizar este campus que, ademais de fomentar a conciliación das familias que, como todo/as sabemos, é algo moi necesario, voltarase a xogar e a desfrutar do verán. Non solamente é deporte, que é moi importante, senón tamén sabemos que nos campus se fomenta a amistade, o compañerismo, o respeto... Está a ser unha situación complicada polo protocolo pero, se superamos este, poderemos ter un verán de deporte e desfrute para todo/as”.

O alcalde, Blas García, asegurou que: “e moi importante poder volver a retomar esta actividade. Por desgraza tivemos que estar paradaos pero nós temos un pequeno chute de ánimo porque levamos presentando toda a semana actividades diversas”.

Vamos a seguir colaborando como ata agora, e se é posible en maio medida. Ames é un concello xoven e temos que apostar polo deporte porque non só é exercicio físico, senón que tamén todo o que fomenta de amizade,, solidaridade, traballo en equipo... Ten unha parte moi importante que é a saúde en si. Ames é un Concello no que estamos apostando pola promoción de saúde e por converter a Ames en un concello que sexa referente no mundo da saúde.

Campus de fútbol
O Bertamiráns FC organizan o IX Campus de Fúbtol do 28 de xuño 2 de xullo. A segunda quedan será do 5 ao 9 de xullo. Terá lugar en horario de 9.00 a 16.00 horas, no Campus de Fútbol Municipal de Bertamiráns. Está destinado a nenas/os entre 5 e 14 anos, para máis información ou inscricións preme neste enlace.

Asemade, tamén está previsto o Campus Milladoiro SD. Desenvolverase , no Campo de Fútbol Municipal do Milladoiro, do 1 ao 31 de xullo en dúas quendas de horarios diferentes, as dúas de luns a venres. Pola mañá, en horario de 10.00 a 14.00 horas e, de tarde, de 17.00 a 21.00 horas.  Está destinado a nenas/os de entre 6 e 12 anos, e para solicitar máis información ou inscricións accede á súa páxina web.

Campamentos de patinaxe
O 1 de xullo comeza o Campamento de verán de patinaxe artística do CPA Omega. Desenvolverase ata o 31 de xullo en horario de mañá, de 8.30 a 14.30 horas, na pista cuberta do IES do Milladoiro. Está destinado para nenas/os entre 4 e 16 anos. Para inscribirse ou solicitar máis información, pódese enviar un correo electrónico a info@cpaomega.es.

Outro campamento de verán de patinaxe que está previsto para este verán é o do club de patinaxe a Sarela. Dividirase en dúas quendas, unha delas en xullo, do 19 ao 30, e a outra en agosto, do 2 ao 13. Ambos serán en horario de mañá, de 8.15 a 14.30 horas, no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns. Está destinado a nenas/os entre 5 e 17 anos e para más información ou inscricións, pódese enviar un correo electrónico a clubpatinaxesarela@hotmail.com.

Campus de fútbol sala
Un campus de fútbol sala organizado polo FC Meigas e EFS Trasgos.  Levarase a cabo do 1 ao 16 de xullo, de 10.00 a 14.00 horas, no Pavillón Polideportivo de Bertamiráns. Esta dirixido a nenos e nenas de 4 ao 17 anos. Para inscribirse, débese enviar un email a fcmeigas@gmail.com ou premendo nesta ligazón. Facilitarase un servizo de madrugadores de 9.00 a 10:00 horas e de recollida de 14:00 a 14:30 horas.

Actividades de baloncesto
Relacionadas co baloncesto, hai previstas dúas actividades, o IV Campus de verán Básquet Ames e as III Xornadas Técnicas de baloncesto.

A primeira delas está organizada polo club Basquet Ames do 5 ó 9 de xullo e do 12 ó 16 de xullo, das 08.00 horas ata as 14.00 horas.  Terá lugar no Pavillón Polideportivo Municipal do Milladoiro. Poden participar o/as neno/as nados entre 2009 e 2015.  Para información e inscricións, débese entrar na súa páxina web. http://basquetames.blogspot.com/. Este campamento ofrece o servizo de madrugadores a partir das 08.00 horas e de recollida, ás 14.00 horas. Deste xeito preténdese facilitar aos pais e as nais a posibilidade de conciliar vida familiar e laboral.

Por outra banda, levaranse a cabo as III Xornadas Técnicas de baloncesto, organizado polo XL Milladoiro, do 5 ao 30 de xullo, de luns a venres. Terá lugar no Pavillón Polideportivo Municipal do Milladoiro, en horario de tarde, de 17.00 a 22.30 horas. Poderán participar os nados entre 2003 e 2015. Para información e inscricións, pódese enviar un email a 3xtecnicasmilladoiro@gmail.com oi chamar ao número 698 126 246.

Próximos proxectos
O alcalde, Blas García, aproveitou para recordar que o Concello segue “apostando e traballando a prol deporte”: “Esperamos que en xuño, ou comezos de xullo, empecemos coas obras de ampliación no pavillón de Bertamiráns, que vai ser unha área deportiva e orientada ao baloncesto. Estamos traballando tamén na mellora das pitas polideportivas do riural que van servir para usar polos veciños, veciñas e clubs unha vez que estean ben preparadas. Seguirmos a traballar noutras obras importantes como cubrir as dúas pistas do Milladoiro, xa temos un proxecto para isto, para poder realizar deporte cando chove e nas melloras do polideportivo”.

Blas García anunciou ademais que se está a traballar nun proxecto importante que é a creación dunha zona de ocio, cunha piscina, para o Milladoiro.

Campus deportivos

Multimedia

  • Campus deportivos
  • Campus deportivos
  • Campus deportivos
  • Embedded thumbnail for