[02-01-2014] Este venres, 3 de xaneiro, continúa a programación de teatro infantil co espectáculo "O Crebanoces". Trátase dunha actividade promovida pola Secretaria Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia. "O Crebanoces", que se desenvolverá na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:00 horas, é un espectáculo para monicreques inspirado no conto de Hoffmann e dirixido ao público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para poder ser interpretada por bandas de música popular. A entrada é de balde ata completar aforo.
O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 3 de xaneiro, o espectáculo O Crebanoces, que está promovido pola Secretaria Xeral de Política Lingüística. Trátase dun espectáculo para monicreques inspirado no conto de Hoffmann e dirixido ao público familiar. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para poder ser interpretada por bandas de música popular.
O espectáculo está producido para monicreques de mesa con manipulación mixta (siluetas, bocóns, obxectos e outros). Está dirixido ao público familiar, de maneira que o goce será maior na medida en que acudan os nenos e nenas cos seus pais, nais, avós, etc. No espectáculo soa completa a suite do Crebanoces de Tchaikowsky. Durante a execución da música hai pantomimas dos bonecos, e entre unha e outra parte musical hai escenas con partes faladas dos bonecos e narración cara o público.
A historia deste espectáculo conta que na noite de Nadal o padriño regálalle á pequena Clara un crebanoces con forma de boneco. De tanto partir noces, o boneco acaba rompendo, e Clara desgústase moito. Para consolala o padriño contaralle a historia do boneco Crebanoces, xa que o Crebanoces na realidade é un valente personaxe que loitou co seu exército de xoguetes contra a raíña dos ratos.
O Crebanoces forma parte da completa programación deseñada polo Concello de Ames para o Nadal 2013, na que se programaron preto de 30 actividades pensadas para todos os públicos. A entrada para ver este espectáculo é totalmente gratuíta. Poderase acceder ao auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro ata completar aforo.




